Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Convivio de todas as artes

miércoles, 24 de febrero de 2016
O vindeiro domingo imos participar do nacemento dunha nova criatura, o libro VALURIA de Xosé Otero Canto en Castro de Rei, ilustrado por un artista excepcional: Anxo Grande Penela.

É festa na cabeceira de comarca, na beira do río que asolaga aquelas terras de enerxía e fartura. Alí estaremos outra xeira Xermolos e varios colectivos co ánimo de seguir convivindo coma noutrora, no 1978, cando fomos celebrar alí a primeira Festa Balura.

Esta obra do poeta da Ponte de Outeiro, veciño ao pé do Miño do seu precursor de rimas e ensoñacións Crecente Vega, abrolla nun leito máxico. Non nace desamparado, xa trae varios bolos de pantrigo baixo o brazo que imos partillar nesta tarde, a partires das 4,30 no Teleclub. Cóntase que cada ser nace co seu destino e este Valuria ven á luz con verbas e trazos gráficos marabillosos.

A comunidade valura vai nomear “Baluros de Honra” a este escritor, e tamén a Isaac Rielo e Anxo Lamas. !Madia leva tanta festa con estes padriños!. Asemade o pintor Anxo Lamas vai agasallar coas súas táboas a todas e todos os que forman os Baluros de Teatro que levan máis de corenta anos espallando gozo e xoldra nos estrados do país e da Galiza da emigración. Outros tantos froitos da arte prodixiosa do creador de Bazar. E Isaac tampouco vai retraerse nesta fervenza de todas as artes e vai achegarnos a súa Aproximación histórica ós míticos Baluros ou Valuros, acompañada dunha Breve reseña biográfica sobre este autor escrita por Xosé Manuel Carballo, a alma de toda esta festa, e nesta demostración da vitalidade da cultura rural, o celme de Galiza, vai nomearse “Baluro de adopción” a Xavier Rodríguez Couce (o novo cura de Castro de Rei).

Neste día Os Baluros de Teatro non van escenificar a súa representación “Vaise pechar outra casa máis” doutrora, senón que van abrir o telón a moitos séculos de vida e futuro do noso rural, acompañados das alboradas dos Valuros de Música. Naqueles comezos de toda esta explosión de enerxía descubrimos como a Chaira é unha rexión con moitas tribos e comarcas como nos descubre Felipe Arias no limiar do libro que presentamos este domingo 28.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES