Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Camiño das estrelas

lunes, 22 de febrero de 2016
Haberá de novo eleccións ou non haberá eleccións? Non sei, non sei. A verdade é que non está o tamborileiro para gaitas. Se uns pactan con estes, aqueles non queren saber dos uns. Ou destes. Se arde o palleiro, non arde a palleira. O peor é se arde a aira enteira. Oxalá non se produza ningún incendio. Claro que, para un servidor, se van ganar os que xa estiveron, que raio!, que arda todo. Se van ganar os que xa estiveron, opto polas eleccións. Como se hai que votar un cento de veces.

O profesor ó que denunciou unha alumna por machista, porque lle dixo algo sobre o escote que levaba esta, confesa que o segue alterando un escote excesivo. Ante a foto que vin da rapaza, non entendo como se pode alterar, se non amosa practicamente nada; é que nin tan sequera se lle ve “o carreiro do Piual”, como se diría por Baños de Molgas. A maiores de que, para min, calquera muller é libre de vestir como lle pete, incluso se quere andar núa pola vida.
Conclusión: que o profesor ten efectivamente un problema bastante grande.

E xa remato coa fascinación que sinto polo espazo sideral. Para elo, collo camiño das estrelas para percorrer os 17.000 quilómetros que me levarán ata o asteroide 2013 TX68, que seica pasará a esa distancia de nós no mes de marzo. Cómpreme o tempo. Aproveitarei para ver á lúa Caronte, de Plutón, cómo se transforma imitando ó incrible Hulk. Semella que, tempos ha, a súa superficie provocou un estiramento e unha fractura masiva. Igualiño que o Hulk. Collo camiño das estrelas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES