Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mareando a perdiz. Outro esperpento

lunes, 22 de febrero de 2016
Desde O Preguntoiro:
Mareando a perdiz. Outro esperpento.

O que se está vendo desde que o Sr. Sánchez foi elixido polo Rei para formar goberno, asemella a un esperpento controlado polas momias e os socioliberais do PSOE, entre eles o coordinador económico do equipo negociador os economistas Sr. Jordi Sevilla e José Carlos Díez grandes defensores dese partido dos pactos con Ciudadanos para seguir o “continuismo” de políticas de austeridade. Ou sexa trocar para non trocar nada.

Estes personaxes máis os Felipes, Corcueras e outras momias do pasado, xa tiñan preparada a estratexia dun pacto con Ciudadanos e tratar de acadar a abstención do PP. Toda esta vella garda do aparato cos grandes medios de comunicación e o Ibex 35, está a poñer toda a carne no asador de que non haia un goberno de progreso e modernización neste país.

O noxo que estes economistas e os socioliberais do aparato do PSOE lle teñen a Podemos é de moito carallo. Non soamente noxo, senón que están a servizo dos seus intereses e do Ibex 35 que apurran aos principais medios de comunicación para ningunear a Podemos inclusive chegaron a poñelos no “galiñeiro” no Congreso dos Deputados. Por iso crearon e xustificaron unha liña roxa co dereito a decidir de Podemos en Cataluña, todo moi deliberado e con moita malicia e os medios dándolle a bola de neve, falando de que o referéndum da pé á inmediatamente á independencia, sendo isto unha falsidade e unha mentira.

Para máis inri, eses dous economistas (Sevilla e Díez) intentaron desacreditar á coalición de esquerdas de Portugal (Partido Socialista Portugués, Bloco de Esquerdas e Partido Comunista Portugués), pola resistencia ás políticas da Troika, dicindo que que os levaría ao desastre, que a Troika non aceptaría. Tres días despois, a Comisión Europea aceptou o presuposto presentado polo goberno portugués. Se España xunto con Franza, Italia e Portugal resistiran a esas políticas neoliberais outro galo nos cantaría, por iso fai falla con urxencia un goberno progresista para este país, onde por parte do PSOE xa desde o principio estivo mareando a perdiz e xa dou por descontado que haxa un goberno de progreso.

O máis grave de todo isto, está non intento de destruír Podemos con falsidades e ningunealos con unha longa lista de insultos por parte dese Loby político-mediático, inclusive xa na última carreira de investidura, acusando de que son os de Podemos os que están dificultando a coalición de esquerdas, cando a realidade, a dirección do PSOE e esa vella garda (momias), xamais fixeron nada para facer tal coalición e agora teñen a hipocresía de acusar a Podemos de que este partido sexa o responsable de que non se faga a coalición.

Este é o país que queren manter esa vella garda do PSOE (corrupción, involución etc.). Queren tratar que non se faga ese troco profundo que España necesita axiña. Condenar a quen nunca gobernaron e non facelo cos que arruinaron este país e de: desalmados e bandidos.

Desde o meu pobre punto de vista, hai dúas clases de economistas: o que quere facer máis ricos aos ricos e corruptos e os que queren facer menos pobres aos pobres, entre estes está o Premio Nobel de economía Joseph Stiglitz.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES