Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sorpresas

viernes, 19 de febrero de 2016
Eu vou de sorpresa en sorpresa. Non dou abasto.

O partido no goberno está a descomporse. É azucre na auga. Nada máis triste.
Nada máis triste, supoño, que unha estatua de ferro vendo como o óxido gabea polos seus pés. Non sei si hai unha medida para o abraio como existe o sistema métrico ou a capacidade de avaliar calquera cousa deste mundo físico ou cuántico. Que medidas temos neste mundo desmedido!. Se isto pasa, imaxino ao presidente mergullando esa vara de medir na profundidade do barro que contamina de húmida oxidación o seu pedestal e a cara que se lle pon segundo vai avanzando esa codia avermellada.

Hai outro que ten o corazón “partío”. Quere erguerse a ese pedestal onde o anteriormente citado esborrallase; pero a unha banda, o seu consello de anciáns recea que a súa púrpura perda brillo e a súa coroa de loureiro murche e, case sibilinamente, danlle invectivas disfrazadas de consellos para afastalo das malas compañías.

Aos pés desa, aínda virtual presidencia, pola zona da man sinistra indícanlle un vieiro no que pode confluír cun terceiro convidado, pero este é un camiño pedregoso, con brechas e moitas costas arriba que, ao mellor ou ao peor (depende desde onde se mire, a destra ou sinistra) pódelle interesar transitar, pero seguro que teme aos avisos deses anciáns que non ollan pedregales, nin costas, se non abismos abisales que chegan ao inframundo.

O terceiro busca a concordia co segundo e ten o atrevemento de poñer diante do nariz de todo o que queira velo e oílo, un programa de goberno completo, sen faltarlle unha coma.

Este abria aínda máis. Non segue a senda dos elefantes, corre pola sabana coas súas patas recentemente estreadas como se todo o campo fose de seu.

Atrévese comer a herba que foi, ata agora, privilexio deses vellos dinosauros que fican perplexos diante de tanta afouteza.

Sorprende a sorpresa que causa o que alguén antepuña o programa as cadeiras e altere deste xeito a orde ancestral, case divina, afeitos como estamos ao contrario, a que calquera partido emerxente afágase rápidamente ao confort desas cadeiras mol e esquézase das súas propostas (Ás veces o de programa fáiseme excesivo na boca dalgúns) ao mesmo ritmo en que os seus riles espónxanse.

Tamen sorprende o que este arrichado queira fiscalizar as accións do suposto goberno porque non se fía do seu socio. Que razóns ten para dubidar de quen ata agora dicía unha cousa e facía a contraria?

Logo está o terceiro en discordia que está aprendendo, quizais, o que ser franquiciado pode herdar, como por fraternidad, a mala xestión do dono da firma e si achégase demasiado aos postos de dirección pode recibir algunha parte dese óxido de ferro podrecido.

Así están as cousas. Quen dá máis? Estou agardando. Non me van defraudar.
Catoira Rey, Rafael
Catoira Rey, Rafael


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES