Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Heroes no silencio

miércoles, 17 de febrero de 2016
Heroes no silencio Heroes no silencio Naqueles tempos de fame, penurias, medo e silencio da posguerra, non había moitos momentos para as xuntanzas nin para o divertimento nunha sociedade tan rural como a da comarca chairega e arredores.

Algunhas tabernas que organizaban bailes e as festas parroquiais eran os principais espazos de ocio e socialización fóra dos traballos comunais do campo.

Tempos escuros, tristes, duros, de memorias en branco e negro e os sons do silencio, só alterados por momentos dos que se encargaban algunhas agrupacións musicais.

Orquestras como a Chedeiro ou a Armonía, dos Vilares, entre outras, compostas por músicos vocacionais que alternaban ese traballo co resto de labores agrícolas eran as encargadas de dar son e alegría aos nósos pais e avós naqueles tempos escuros. Músicos autodidactas e que aprendían doutros músicos con métodos e e ensaios pouco académicos aproveitando cada momento libre con moita votade e paixón.

En épocas nas que escaseaban os recursos, nas que non había conservatorios nin escolas de música, nin comunicacións básicas nin tecnoloxías, estes artistas demostraban o seu amor pola música e o seu compromiso para alegrar a vida das xentes percorrendo festas e salóns de baile, en carros, camiñando ou en bicicleta, durmindo en palleiras ou casas de veciños, por camiños e corredoiras, ao frío, iluminando con lámpadas de carburo, orquestras moi diferentes ás actuais con grande alarde de medios técnicos e económicos, pero precursoras delas e fornecedoras do prestixio do que gozan as actuais orquestras galegas entre as que se atopa unha vilarega, Arantxa Alvarez, vocalista de Los Satélites.

Pepe de Cristos, José López Díaz, músico das dúas orquestras mencionadas, xunro con Ricardo Rivera ou Indalecio de Cazás, e homenaxeado co PREMIO TRAPEIRO DE HONRA 2016, personifica perfectamente a estes músicos que Os Vilares, lareira de soños tenta recuperar para a memoria colectiva. A memoria dos que puxeron música a unha época e a unha sociedade, eses auténticos HEROES NO SILENCIO.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES