Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manolo de Rinlo: Festa no ceo

martes, 16 de febrero de 2016
Festa rachada no ceo. Acaba de entrar Manolo de Rinlo. Canso de aguantar tanta crise, tanta escuridade e maldade coma que nos axexa deu media volta na cama e dixo: o carallo. E ficou. Farto de ver tantos problemas e dificultades como está a sufrir a sociedade neste decadente mundo actual marchou na procura doutro mundo mellor e máis feliz. El, que sempre viviu pra dar alegría e felicidade a todos, non foi quen de aturar tanta crueldade como a que hoxe sofre a humanidade.

Sen outras novas sobre a súa morte, acabo de ser informado do pasamento de Manuel Vázquez González, máis coñecido por Manolo de Rinlo. Unha encantadora e adorable persoa que pasou a súa vida sementando alegría e espallando felicidade entre tódolos que tivemos a sorte de coñecelo e tratalo. Donde quera que se atopase dos seus beizos sempre afloraba o seu sentido humorista da vida, o seu natural e espontáneo chiste, a súa conversación relaxada e a súa contaxiosa ledicia. Un home que pasou pola vida espallando felicidade. Esa felicidade que dá a sinxeleza, a bondade natural e a compañía agradable. A súa visión festiva da vida sabía encher de optimismo e ledicia os momentos de tristeza e abatemento de todos. A súa ausencia deixa en tódolos seus amigos e coñecidos un profundo baleiro.

A súa vida estivo suxeita os padecementos dos grandes conflitos derivados da dureza da vida, destes tempos de cambios e crises, tan propios desta época na que nos toca vivir. Vaivéns que Manolo de Rinlo, como outros moitos de nos, tivo que soportar na súa vida, dolorosos ás veces, pro que sempre soubo superar co seu humor innato, o seu carácter alegre e a súa visión positiva de vida.

Persoa desinteresada, non ambicionaba bens nin honras mundanas. Libre de ligaduras terreas, e desprendido de bens materiais, estaba sempre disposto a axudar a tódolos que a el acudían na procura de apoio e consolo. Sen dúbida que os veciños de Rinlo, que hoxe gozan dun fermoso parque no centro da súa vila, grazas á xenerosidade de Manolo e dos seus irmáns, Antonio e Enrique, e dunha preciosa igrexa, donación de seu pai, poderían contar mil divertidas anécdotas e gratos recordos do que foi o seu veciño nos anos da súa xuventude. Ese Rinlo que Manolo sempre louvaba e do que presumía, e a quen Manolo entrega os seus restos bicando as súas augas mariñas.

A súa fina sensibilidade, o seu amor a Galicia e o seu espírito reivindicativo da xustiza social espertaban en Manolo a súa alma poética e constituían o eixe das súas composicións poéticas, algunhas das cales foron publicadas en La Comarca del Eo.

Á súa chegada ó ceo un imaxínase ós benaventurados formando coro no seu arredor rindo alegres os seus chistes e escoitando os seus comentarios festivos. Descanse en paz quen tanta alegría e xovialidade repartiu a mans cheas a todos os que na vida tivemos a sorte de atoparnos con el.
Rodríguez Díaz, José María
Rodríguez Díaz, José María


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES