Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sen po nin area

miércoles, 17 de febrero de 2016
Na derradeira semana Davide Salvado colgou un vídeo no facebook que se tornou viral, levando máis de 360.000 reproducións. Trátase dunha meniña chinesa que vive coa súa familia en Monterroso onde rexentan un bazar. A meniña empezou a tocar a pandeireta e, polo visto, alguén tivo a idea de gravala. O resultado, como xa dixen, foi un viral.

O que máis impacta do vídeo é o sentimento e a emoción coa que a pequena interpreta a peza tradicional galega “Jota de Caroi”. Mesmo parece que toda a vida medrara nun entorno de música tradicional; non en tanto, toda a súa familia é chinesa e impacta como a pequena é capaz de facer no seu xogo a recreación dunha ruada, con aturuxos e con ditos típicos das pandereteiras.

Probablemente, esta nena estea medrando entre dúas ou tres culturas e, polo tanto, recollerá nela diversas tradicións que a farán única. É importante promocionar a diversidade cultural e facilitar espazos de intercambio para coñecernos e recoñecernos no mosaico da humanidade.

Imaxinemos por un momento a vida desta rapaza: ao mellor dentro de moitos anos é posible que, na China, alguén se sorprenda cando unha señora maior pandeireta en man cante “baila así, mi morena”. Isto é beber de distintas culturas e nós tamén deberíamos beber da deles, coñecernos e recoñecernos na cor da humanidade.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES