Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crónicas de entre Douro e Miño (e II)

lunes, 15 de febrero de 2016
O martes 19 de xaneiro é unha data difícil de desmemoriar para os andradianos, amigos e adeptos da persoa e da obra do poeta Eugénio de Andrade (1923-2005), que cumpriría nesa data 93 anos. Tamén cumpriría, nesa data, 86 anos o sempre lembrado Uxío Novoneyra. Nesta estadía no Porto, aproveitei celebrar ao Eugénio cunha andaina pola Alta de São Lázaro, barrio onde el viviu e polo que tantas veces paseamos e conversamos os dous. Homenaxear ao excelso poeta, sempre conforta gratitude contemplar o inmenso monumento e legado poético que el nos deixou e, sobre todo, no aniversario da súa nacenza compre testemuñar a este poeta.Crónicas de entre Douro e Miño (e II)
Do metro de São Bento fun até a rúa de Santa Catarina, ao famoso Café Majestic, un dos meus santuarios no Porto, a tomar café e venerar ese rigoroso espazo modernista e, mais tarde, ir ao cemiterio do Bom Repouso, entre o barrio de São Lázaro e o de Campanhã, un nome que dá testemuña dese repouso tan silencioso. Hai nomes de cemiterio en Portugal moi curiosos, que desentoa ou producen perplexidade, como é o de Lisboa, denominado cemiterio dos Praceres. Na banda esquerda da entrada do cemiterio do Bom Repouso, fica enterrado Eugénio de Andrade, nun amplo nicho de mármore branco: materia e cor dos que el gustaba e que repite nos seus versos, como no poemario: “Branco no branco”. De epitafio, dous poema, un de catro versos:

“Terra: se um dia lhe tocares
O corpo adormecido,
Põe folhas verdes onde pões silêncio,
Se leve para quem o foi contigo”.


Noutro poema mais longo hai un verso que confirma: “A morte não existe”. Un verso tan paralelo ao de Uxío Novoneyra: “A morte non é certo”. Alí deixei unha rama verde, naturalmente, para contribuír ao que el gustaba, entre aqueles ramos e xunto a fotografía del e dunha candea que ardía levemente.

De regreso pasei pola rúa Duque da Palmela, 111, a súa casa, onde tantas veces o visitei e que el lle chamaba “a ilha do corvo”. Lembro cando se asomaba á porta e exclamaba: “por fim chegaste menino!” A porta pechada e as persianas botadas, aínda Crónicas de entre Douro e Miño (e II)encoran o silencio de lutuosa. Mais a lembra supera a ausencia fuxidía do grande e saudoso amigo. De regreso cara o xardín de São Lázaro, espazo do que el gustaba e escribiu excelentes poemas, neste lugar está a Biblioteca Pública Municipal do Porto e no segundo piso desta institución, está unha magnífica exposición permanente que representa boa parte do legado de Eugénio de Andrade. Flipei -como di a xente nova-, alí están documentos, poemas manuscritos, numerosos cadros e esculturas. Unha excelente exposición que magnifica ao poeta do amor e da musicalidade, contemplada por numerosas persoas no día do seu aniversario.

E un volta para a Avenida da Liberdade a visitar as librarías antigas, que os portugueses chaman Alfa Revista. Comer no restaurante da Árvore, onde se mostra unha das coleccións artísticas mais interesantes do Porto, co vello amigo e libreiro, Rui Vaz Pinto que representa a Livraria UNICEPE. Onde, coma sempre, aparecen amigos e coñecidos para conversar e intercambiar ideas de todo tipo e intentar florecer na harmonía da nosa lingua e cultura común. E un continúa viaxe por esas rúas e becos da Ribeira. Apeteceume dar un paseo lento e sen tempo pola rúa das Flores, tan linda como desexada, cando un olla nesas loxas tan diversas e de espléndidas ofertas que moitas delas pertencen a un nostálxico pasado. Tamén busquei algunha referencia á reveladora novela de Eça de Queirós: “A tragédia da rua das Flores”, que se orienta nos ambientes desta concorrida rúa.

O día 20 regresei cediño no tren. A ruta ferroviaria resulta un encanto por ese itinerario de exuberante beleza natural, que aínda nos ofrece o rural miñoto. No frontal atlántico o azul ondeando e supurando escumas de branco encanto rexenerador. A Costa Verde portuguesa humanízanos e lévanos a amar o país que foi unixénito. E un ten esta paixón cando ao lonxincuo olla o altivo cotarelo de Santa Tecla e o Miño anúncianos o pais da cima, a cabeza de Portugal, como Antón Villar Ponte definiu a Galiza. O tren avanza a beira mar e polos arrentes do Miño, onde da parte portuguesa balancean as barcas humildes e remendadas dos pescadores, como referiu Raul Brandão, no seu libro: “Os Pescadores”. Unha viaxe que ofrece un perfil identitario ao pasar por estacións que ofrecen unha plenitude artística de grande relevancia, polos azulexos extraordinarios e evocadores que reflexan o medio miñoto como a estación de Caminha. Nese ritmo acelerado do tren, cheguei a Valença do Miño e dei un paseo por esa cidade fortaleza e polos espazos comerciais e desde unha desas atalaias observei a Tui, cercada polo Miño e pola brétema. En Valença hai un ambiente híbrido, de punteados idiomáticos confusos. Mais por onde corre o diñeiro comercial, tamén corre un forzado entendemento. E un xanta no restaurante de sempre, onde ese camareiro xentil, “pequeno de corpo e grande de esforzo”, tróuxome unha boa ración de lamprea, un prato orixinal deste tempo e á portuguesa.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES