Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A vergoña de Eurovisión

sábado, 13 de febrero de 2016
Se aínda hai alguén devoto de Eurovisión, a elección de canción e representante por parte de España é para quitarlle toda a ilusión, ou darlle ánimos polo feito de que unha canción en inglés poida encaixar mellor nun festival europeo, no que hasta participa Azerbaijan.

A España, vaina reprepresentar unha canción en inglés. E ninguén dimite. Ninguén cesa. Ninguén se avergoña.

En 1968 -pleno franquismo-, Manuel de la Calva e Ramón Arcusa, o Dúo Dinámico, compuxeron a canción “La, la, la”, que foi elixida para representar a España en Eurovisión, e ía ser cantada por Joan Manuel Serrat. Este, ademáis de en castelán, cantouna noutros idiomas, promocionouna por Europa, e uns días antes do festival empeñouse en cantala en catalán no festival; alomenos algunas partes. A discusión subiu de tono, apartárono do festival e tivo que vir Massiel desde México onde estaba actuando para facerse cargo da representación –daquela considerada vital para España- no festival que acabaría gañando.

En 1968 non se puido cantar en catalán porque era un festival no que participaba España. Corenta e oito anos despois vaise cantar en ingles nun festival no que España participa sendo, por primeira vez, representada no idioma das Illas Británicas.

Parece que no eido da canción, da representación, da identidade, do idioma (dos idiomas) non só non se evoluíu nada neste case medio século senón que se retrocedeu varios centos de anos. E vendo o espectáculo montado pola televisión oficial e o resultado, sometendo a votación presuntamente democrática asuntos que nada teñen que ver coa democracia, non poido evitar deprimirme e laiarme do papanatismo nacional; do papanatismo dos que organizan acontecementos coma este.

E o de retroceder varios séculos dígoo, e os galegos sabemos disto, porque esa representación en inglés antóxaseme parella ao que acontecía no tempo en que Galicia non tiña voto nas Cortes de Castela e era representada pola cidade de Zamora, desde mediados do século XV ata o primeiro cuarto do séxulo XVII. Recuperar o voto, daquela, costounos 100.000 ducados. A ver o que nos costa, en diñeiro, en imaxe ou en vergoña, volver ser representados un idioma que entendamos todos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES