Medio millón de mulleres ocupadas
Editorial - miércoles, 04 de octubre de 2006
Hai unha enquisa oficial que considera que Galicia pechou o terceiro trimestre deste ano superando por primeira na súa historia a cifra de medio millón de mulleres ocupadas.
¿Quererá esto dicir que o resto das mulleres galegas está no paro? ¿Ou non é ocupación gobernar un fogar con toda a responsabilidade que esto supón?.
As cifras das estatísticas son frías e non significan máis ca números. Non reflicten, moitas veces, o que queren significar. Neste caso, quere dicir que medio millón de mulleres están acollidas á Seguridade Social, xa que traballan fóra do seu domicilio, por conta allea.
Os homes ocupados en Galicia son algo máis de seiscentos cincuenta mil. Pero mentras no último trimestre o número de homes ocupados aumentou en 11.000, o de mulleres fíxoo en 29.000, polo que as cifras tenden a igualarse.
Estas cifras son un perfecto sínal de normalidade, porque cantas máis mulleres figuren ocupadas de acordo coas denominaciones vixentes, máis mulleres se substraen a aquel normal “as súas labores” de antano, ó que quedaban relegadas por natureza.
A alta na Seguridade Social recupera do anonimato a medio millón de mulleres galegas e ven equiparalas cos homes augurando que axiña van superalos no mundo laboral... O futuro é feminino. E o futuro está ahí mesmo.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora