Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

viernes, 12 de febrero de 2016
Mira que son titiriteiro!. Titiriteiros. Que escándalo, meu Deus! Vaise acabar o mundo. Canta hipocrisía! E dis ti e digo eu; que pasaría se alguén soltase aquilo de “tiña que volver de novo o Franco! Iso non é terrorismo? Que va; como vai ser terrorismo! Ademais, iso non o di ninguén. Ninguén. Quen desexa que se afoguen os das pateras? Ninguén. É unha trola iso de que nos veñen sacar o bocado da boca. Quen desexa ver no cárcere ós corruptos? Ninguén (Por iso non están nel). Quen lle fai caso a este servidor? Ninguén. Mellor é. A ver se me van amolar por apoloxía a non sei que. Que animal es!; comparar ós corruptos cos terroristas. Por iso ninguén me fai caso; aínda que estes maten con balas e aqueles coa fame. Mira que son titiriteiro! Digo cada cousa. Nada, coma un monicreque; cunha ideas para aquí e uns dicires para alá. Xa sei; predícame cura, predícame frade. Titiriteiros. Pobriños. A culpa foi deles non sacar un bando para os hipócritas, para que souberan distinguir entre a ficción e a realidade. Ó cárcere todos os directores de cine que rodaron sobre Hitler, Franco, Mussolini, o holocausto, a Intifada e a todos os escritores que non respectaron a liberdade de expresión. Titiriteiros, que sodes todos uns titiriteiros. Que ninguén me faga caso. Iso.

CHÉGAME CON SER PALLEIRO

Móbil. Anteollos. Coio. Pedra. Libro. Perna dereita que cabalga sobre a esquerda. Unha folla que cae sobre o parabrisas do coche. Quero ser folla de carballo para mirar a través do cristal! Canción no aire. Cantante bailando. Nubes que pasan. Voz ó lonxe. Cazadora colgada dunha cadeira que está arrimada a unha mesa. Tarde. Reloxo. Cinco e cuarto. Minuto arriba, minuto abaixo. Carpeta. Taller aberto. Corazón que latexa. Sorriso que se amosa. Quen morre tras unha bala de ETA? Perdón, retiro estas maiúsculas… polo seu significado. Non quero ser palla no palleiro. Chégame con ser palleiro no alto de calquera outeiro. Silencio. Berros entre as flores do toxo. Lóstrego ó ritmo dun acordeón que non toca. Nariz. Papel. Xemido. Queixa. Bágoas de impotencia política. Por quen choras? Pola liberdade de expresión? Inocente!, que es un inocente! Gato que rabuña. Lobo que oulea. Aaauuuu! Anteollos no nariz. Silencio na algarabía. Ruído na soidade dunha canción. Quen canta? Quen compón? Un coche frea. Unha pinga de auga que cae. Sobre o chan mollado. Chove sobre mollado. Chove sobre a vida que se seca. Hai vidas que por moito que se reguen… Hai que poñer punto final. Porque todo ten a súa fin. Ou non.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES