Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Asociados cos comerciantes

martes, 09 de febrero de 2016
Co mes apareceu na páxina web de ACISA-Ribadeo unha convocatoria de subvencións para actividades de asociacións. Na web de ACISA? Si, se alguén ve algo raro na portada da web de ACISA... é así, non está accesible, pero noutras páxinas da web hai contido.

Ben, coido que a cousa non sería chamativa se non existiran dous puntos que entendo que así a fan.

O primeiro deles, que é unha subvención para actividades que outorga unha entidade que é subvencionada para actividades. Por exemplo, polo Concello de Ribadeo. Pode ser normal, pero non deixa de ser unha cadea de subvencións cun paso intermedio que parece que escapa do control da fonte de movemento, que non se ve ó final como tal: as subvencións son de ACISA, aínda que os cartos poidan vir do Concello.

O segundo, que sexan asociacións as beneficiarias. Coido que polo momento non hai asociacións integradas en ACISA, pero a convocatoria dío ben claro:"Todas aquellas asociaciones bien sean; culturales, deportivas, de comisiones de fiestas... de ámbito local ribadense." Ó que hai que engadir... "En todo caso, las asociaciones que requieran la ayuda deberán estar asociadas a ACISA Ribadeo o asociarse." Ou sexa, se non entendo mal, entra dentro dunha campaña para asociar asociacións a unha entidade que defende intereses empresariais, non asociativos en xeral. Ou sexa, trataríase de sumar á causa das empresas as asociacións formadas para un desenvolvemento social. Equivócome?

A ver, está 'dentro da legalidade' e é 'comprensible' que queiran ter un maior manexo. Manexo de que? De todo, claro: é algo moi común, o querer manexar...
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES