Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Entre o Ave e o expreso

miércoles, 10 de febrero de 2016
É certo que o tempo pasa e todo cambia.. O primeiro AVE da nova liña a Madrid emprega tan só catro horas e 28 minutos no seu percorrido. Ai Deus!, aínda lembro os días nos que me levaba nove horas chegar a Madrid desde o meu Baños de Molgas. Nove horas! Case medio día. Collía o expreso das 12 da noite e chegaba á estación de Príncipe Pío ás nove da mañá. Xa ía dereito para o traballo. Moito peor cando era ó revés, de Madrid a Baños de Molgas, que saía ás oito ou oito e media para chegar á miña casiña ás cinco ou cinco e pico, e coller a gadaña para ir dereitiño a segar a herba ó Río Vello, por exemplo.

Non era sempre, pero si moitas veces; xa que se non era a sega da herba era outra labor. E ir segar ou traballar logo da animalada das nove horas naqueles trens que ou te asabas ou te conxelabas ou te tirabas medio camiño ou máis de pé porque ía a tope; digo que ir segar logo diso fundía a calquera na desolación e, por suposto, nunha canseira enorme sen aínda tirar tan sequera da gadaña.

Hoxe, se pillo o AVE, non sei, pero ata penso que iría asubiando para segar a parcela do Medo. Claro que hoxe, nin viaxo no AVE (prefiro o coche) nin sego os lameiros. Si, o tempo pasa e todo cambia.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania