Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

viernes, 05 de febrero de 2016
Actuando a cegas. Baile sexy na pantalla da televisión. Nubes negras no ceo. Coches que pasan correndo. (É que hai outros que están parados, aparcados) Así entendémonos. Xente que entra. Xente que sae. Outro vídeo musical. Un cantante tocando o piano sobre un terreo seco, agreste. Unha señora que pasa pola beirarrúa. Un móbil que soa. Unha perna que treme. A miña. A dereita. Porque a esquerda cabalga sobre aquela. E os nervios, ou o ritmo da música, ou porque si faina tremer. Tamén a Xoel lle tremen moito cando vai no coche. Sempre penso que lle me pasa algo ó vehículo ata que caio na conta de que é o rapaz que non está quieto un carallo. Unha moto que funga. O silencio dun instante. O ruído que xa volve. O relato que avanza. Ninguén debería ter dereito cuspir cara á arriba. Imaxinade onde vai parar o esgarro, o esputo. Pero hai xente que non pensa nas consecuencias. Ás veces, ou quizais moitas veces, actuamos a cegas. Un microbús que pasa, lentamente. “Así empeza o malo”, de Javier Marías, disposto a entreterme o resto da tarde e parte da noite. Depende. De que depende? Das actividades dos rapaces. De se van ou non van. Se van, leo ou escribo. Se non van, entón si que leo. Na cama ou pateando pola cociña. Remato. Marcho. Adeus.

A EVOLUCIÓN URBANA DE OURENSE

Non hai nin media hora que a vin, e xa me poño a elo, a falar dela. Porque me gustou de raio. A exposición Alicerces. Sobre a evolución urbana de Ourense do século XVI ó XX. Entras na sala de Afundación, na Praza Maior, e xa se nota que entras noutra época. Inmensas fotos nas que alucinas como era Ourense en séculos pasados. Non sei..., chamoume a atención a que amosa o convento de Santo Domingo, hoxe a Delegación de Facenda. E a estación do ferrocarril de Canedo, moi preto da actual do Empalme. Vense pezas expostas por toda a sala e uns planos en imaxes virtuais que mostran o rueiro, cos seus principais monumentos ou puntos de referencia, e a evolución do casco vello, é dicir, da cidade. Ves como século a século ía medrando. En vitrinas amósanse bandos, ordenanzas, avisos, algúns incluso simpáticos. O Campo da Feira estaba no que hoxe é a Praza Maior. Pero é no século XIX cando se producen as transformacións máis importantes, cando se deixa atrás a estrutura medieval e créanse novas áreas de expansión e empezan a regularizarse as rúas. Ourense medra e acaba de abrirse por completo ante a chegada do ferrocarril. Fermosa e moi interesante exposición.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania