Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Entroido e a Muller Traballadora

sábado, 06 de febrero de 2016
Na UNED Sénior, adiantámonos en moitas ocasións e situacións. Somos unha xeración que está habituada para adaptarse ás circunstancias do momento.

Nesta ocasión reunímonos o día 3 de febreiro de 2016 para celebrar un acontecemento tan popular como é o “Entroido” en Galicia, xunto co “Día da Muller Traballadora” que terá lugar a nivel internacional, o día oito de marzo.

Ben:
¿Qué ten que ver o Entroido coa Muller traballadora?
Pois, algo teñen en común porque o Entroido sen a muller non sería Entroido.

Vexamos:
¿Quén faría o sustancioso lacón con grelos do que tanto disfrutamos nestas datas?

¿Quen cociñaría o nutritivo cocido e a súa sopiña ben quentiña, correspondente?

¿Quen botaría horas e horas facendo torres de sabrosos freixós ou fulloas que desaparecen nun “plis-plas” cando chegan os comensais?

¿Quen se esmeraría en facer as orellas que poñen o toque dóce ós pratos enxebres do momento?

¿Quen pasaría horas e horas pensando como vai se-lo disfraz deste ano?

¿Quen iría de tenda en tenda buscando as teas indicadas para face-los traxes de disfraces na casa, con identidade propia?

¿Quen reuniría a familia ó carón da mesa con calidez humana e calor de fogar?

¿Estarían as rúas tan alegres coas comparsas se faltara o toque feminino?

¿Quen se armaría de tanta paciencia para pensar en facer felices ós demais?

¿Quen se arriscaría a non ter medo á hora de face-lo ridículo?

¿Quen consolaría ós que xa non poden participar nestas festas do modo que quixeran?

¿Quen sería capaz de facer tanto por amor ós demais?

¿Quen tería un corazón tan entregado e tan abnegado como o da muller?

Dito esto que é o capítulo que toca neste momento, quero enlazar co “Día da Muller Traballadora” poñendo especial énfase na muller que desexaría con tódalas súas forzas desempeñar o posto que lle corresponde na sociedade e vese relegada por diferentes razóns.

E non me refiro a razóns maiúsculas por enfermidade, impedimento físico ou psíquico que esas xa son causas de forza maior.

Refírome ós atrancos cos que se atopa a muller por multitude de situacións na que se ve metida, que lle impiden realizarse como lle gustaría:

-Dificultades á hora de elixir profesión ou oficio, porque algunhas están reservadas só para homes, por exemplo a carreira eclesiástica.

Xa me gustaría sabe-las causas.

Nin o entendo nin nunca o entenderei porque a min non me cabe na cabeza.

E tamén estou convencida de que no corazón de Deus tampouco non ten cabida esa discriminación.

Na vida militar e na civil, o rol da muller é mais valorado canto maior é o grao de responsabilidade; pero na vida eclesiástica queda reservada para labores domésticos.

Non é que os labores domésticos teñan menos importancia, pero…

¿Onde está a razón?

-Dificultades para desempeñar un posto laboral por teren que ocuparse da maternidade, os labores do fogar, o coidado dos enfermos, a organización da vida familiar, etc...

Son moitas as mulleres que tendo moita valía, formación e capacidade, renuncian ó seu posto social para dedicarse á familia. Certo que a familia é moi importante, pero…

¿É só rsponsabilidade da muller?

Afortunadamente hai moitos homes de bo corazón que acadaron unha madurez integral como persoas e colaboran todo canto poden na organización da vida familiar.

Pero as estadísticas din que o colectivo masculino en xeral, ten moito que mellorar neste aspecto.

¿Como lle agradece a sociedade á muller este tipo de sacrificios?

¿Quen vai cotizar para que ela teña dereito a unha pensión digna cando chegue á idade da xubilación?

¿Vai a ser máis valorada e mellor coidada polos seus descendentes cando vexa mermadas as súas forzas?

-Dificultades para ascender nun posto laboral por vivir nunha sociedade machista e ben machista, sendo en algúns casos víctimas de acoso por parte do empopderamento deles.

-Dificultades de xénero porque abundan os homes que a consideran un ser con dereito a transgredir os seus límites de dignidade humana.

Os xornáis fálanos deste tipo de violencia, un día si e outro tamén

-Ata fan un uso inapropiado na linguaxe os membros das Reais Academias das Linguas.

Basta con botar una ollada ós diccionarios.

Por outra banda:

¿Cantas mulleres hain na “Real Academia de la Lengua Española”?

¿Cantas na Real Academia Galega?

Días atrás, a UNED Sénior da Galica Rural tivo a sorte de poder visitar a Real Academia Galega da Lingua.

Había moitos retratos dos diferentes presidentes pendurados polas paredes.

Muller non vin ninguna no Salón de Actos.

¿Será porque o cerebro da muller non ten capacidade para as linguas ou porque non tivo acceso a promocionarse na educación e na vida social?

Certo que a educación está abrindo moitas portas á muller, pero tamén é ben certo que o ten moito máis difícil que o home.

Certo que a sociedade evolucionou moito nese sentido, pero non nos equivocaríamos moito se dixeramos que imos pola metade do camiño.

Cómpre que o colectivo masculino madure como persoa e que a muller loite incansablemente por conseguir o posto que ten gañado por méritos propios.

A capacidade dunha persoa, está na mente e donde queira que haxa unha mente lúcida, tanto se é feminina como masculina; hai que deixala brilar.

Non podemos perder máis tempo desaproveitando tantas e tantas mentes privilexiadas de infinidade de mulleres que loitan por un mundo mellor.

¿A alguén se lle ocorre tirar pola bordamáis do cincueta por cento da súa riqueza persoal?

Certamente que non, eso sería un despilfarro e un disparate.

Logo:
Queda claro que máis da metade das mentes humana son femininas e a base de tesón e constancia conseguiremos un mundo mellor para todos, que é do que se trata.

O día que vexamos cumprido ese soño, -algo tan natural-; poderemos felicitármonos con especie humana.

Mentres tanto, toca seguir mentlizándose.


Mercedes Cachaza Platas, Alumna da UNED Sénior.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES