Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Stop bullying

miércoles, 10 de febrero de 2016
Quizais unha das mellores épocas da miña vida foi a que vivín entre o 96 e o 2001 no instituto de Monterroso. Chegar alí foi toda unha novidade, non tiña coidadora e, por primeira vez, era totalmente libre para facer o que me petara no recreo. Pouco a pouco, fun forxando amigos que, co paso dos anos, permanecen na miña vida e, con eles, aprendín a importancia de naturalizar a diferencia e normalizala no curso dos días. Coido que nesa etapa me incluín ao cen por cen chegandoa facer algún que outro novelo. Gústame contar isto porque sempre coidei que latar comigo era un risco engadido que non en tanto os meus compañeiros asumían con naturalidade. Vivín, pois, un instituto plenamente inclusivo do que lembro momentos marabillosos que, as veces, mesmo me provocan morriña. O paso do colexio ao instituto constituíu para min un gran agasallo: a creación dunha primeira zona de liberdade na que podía ser eu mesmo e na que tiña a axuda precisa sen necesidade dun coidador; en definitiva, a primeira revolución da miña vida.

Tendo vivido este instituto humanista, solidario, comprensivo e fraterno cústame entender como o que, para min foi un auténtico paraíso, para outros preséntase como un auténtico inferno. O acoso escolar denota como hai unha falla absoluta de valores que nos impulsa a un individualismo feroz no que medran os embigos máis fortes. Isto é un fracaso non só a nivel de ensino, senón tamén a nivel de país que nos ten que levar a pensar colectivamente como queremos ser. Non é o mesmo cooperar que competir, no primeiro caso xéranse lazos de unión, no segundo a idea de que non collemos todos e alguén ten que perder. En cambio os que rezamos o credo da inclusión respondemos que non, que aquí non sobra ninguén, que non ten que perder ninguén e que é imprescindible educar para paz, a convivencia e a diversidade.

Feitos como o vivido a semana pasada en Madrid (co suicidio dun menor por acoso) teñen que constituír un revulsivo social que impulse a unha actuación política clara a prol dunha educación inclusiva, comprensiva, cooperativa e sobre todo horizontal que permitaa cada persoa expresarse, medrar e ser ata erguerse única e irrepetible na vida.

Educar para a inclusión implica poñer os valores por diante, forxar un oco para cada persoa, acompañar e escoitar facendo ver na diferenza un valor engadido. Neste sentido, o acoso é un problema social ao que hai que responder dende a educación con valores firmese con actuacións a prol da vulnerabilidade que amosen tanto o sufrimento das vítimas como as mañas do verdugo .

Só nunha sociedade inclusiva se forxa unha paz duradeira e sen renuncias.
Stop bullying.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania