Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Debate sobre o estado da Autonomía

martes, 03 de octubre de 2006
Hoxe, os políticos vanse enterar do que pensamos os galegos en relación co estado da Autonomía. Hoxe empeza o debate anual sobre o estado da autonomía galega, e pensan ser eles os protagonistas aínda que só os voceiros de cada partido van poder pronunciarse, e o resultado está perfectamente previsto xa que a operación artimética do reconto de votos non ten outra opción que a maioría mínima a favor das forzas conxuntas de goberno. Pero o balance é outro.

Touriño proclamará como verdades indubitables progresos nos eidos da educación, sanidade, vivenda, economía, emprego, peaxes... É curioso que de tódalas áreas posibles só a de Vivenda a desempeña o Bng.

Touriño proclamará que estamos no país máis democrático, de maior progreso e benestar. O Bng aducirá que tamén este país ten outras áreas de progreso (cultura, industria, turismo, mocidade, muller...) e, en fin, o PP afirmará coa maior das conviccións que vivimos unha situación de absoluta anarquía, de desintegración da autonomía, na que todo está en cuestión e na que nada anima para traballar pensando no futuro.

Pasará o debate, e todo sucederá sen pena en groria. Eso, no Parlamento. Pero a vida real, a vida, está fóra.

E fóra, os galegos analisaremos as palabras, revisaremos a situación do país e obteremos o único diagnóstico posible. O diagnóstico que poderían obter os políticos se mirasen hacia dentro e hacia fóra.

O noso diagnóstico, o da xente que non ten posto no Parlamento, será un balance de luces e sombras. Ben no plantexamento, na perspectiva xa histórica, ben en conxunto. Mal en canto a relacións entre partidos e membros dos partidos, mal en canto á imaxe pública dos políticos.

A autonomía, ben, gracias. Só falta que os nosos representantes, en todo momento, de feito e de palabra, estean á altura do que Galicia necesita, e do que cada un dos seus votantes lles esixirá no seu momento.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES