Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Longa vida á Cidade da Cultura!

lunes, 02 de octubre de 2006
A cidade da Cultura, que está a medio construir en Santiago de Compostela, pode ser algo moi importante para Galicia. E podía quedar en nada. Pero parece que o futuro, sexa cal fose, está garantido.

Cando naceu, o único claro era que unha construcción así, nacida para conter todo o que a cultura – a vida – significaba para o noso país, ía ter vida propia, polo que o mesmo continente marcaría un estilo, un xeito, unha imaxe representativa desta fin do mundo por occidente.

Pero a idea que a fixo nacer, desapareceu. Ou alomenos mudou, como mudaron os tempos, e tódalas ideas que marcan a política desta terra.

Polo tanto, a cidade puido tamén desaparecer, e houbo tempo de dúbidas, de incertezas, de estudios, de propostas.

As declaracións do presidente Touriño, de que non ía ser el quen “enterrase, metese piqueta ou dinamitase” este contedor cultural é tranquilizadora en canto ó futuro da cidade e tamén en canto ó espíritu que anima ó noso goberno, que poden non estar de acordo coa filosofía, os métodos ou os futuros contidos deste conxunto de construccións, pero que asume a súa existencia e ha procurar a mellor solución para o futuro.

Pode haber criterios para tódolos gustos e para tódalas ideas – ideoloxías- pero o certo é que Galicia e os galegos debemos ser intelixentes abondo como para encontrarlle solución e uso a un conxunto que naceu con vocación monumental e pode e debe ter esa realidade, ademáis do papel de contedor de toda a nosa cultura para que a cultura siga viva na intelixencia, nos documentos, na memoria.

O tema é competencia da Consellería de Cultura, que está a escoitar propostas e opinións, pero a solución depende do goberno galego, e o resultado compétenos a todos.

Por eso, o desexo pero tamén a certeza obríganos e permítenos dicir: ¡Longa vida á Cidade da Cultura!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES