Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobe como a espuma

jueves, 04 de febrero de 2016
Incrible, pero certo.
A violencia de xénero segue a medrar.
E non é porque non se teña falado desto por activa e por pasiva.
Non é porque o 016 non funcione e tampouco porque deixe rastro na factura telefónica.
¿Cales son entonces as razóns?
Seguramente serán moitas e tan variadas como cada caso que se produce. Terían que se-las propias víctimas as que nos confesaran o que pasou nas súas vidas.
Como esto xa non é posible, teremos que formular interrogantes que intenten aclarar a raíz desta lacra social:

-QUE AS CONVIVENCIAS SON MOI DIFÍCILES, NINGUÉN O PON EN DÚBIDA. Sabémolo todos por propia experiencia.
¿Pero… non eran difíciles noutros tempos?

-QUE A CRISE ECONÓMICA PODE SER UN DOS FACTORES DESENCADEANTES, TAMÉN É PROBABLE.
¿Pero… non vivían nunha constante crise económica os nosos antepasados?

-QUE A CRISE DE VALORES TEÑA O SEU PESO, TAMÉN PODE SER CERTO.
¿Onde queda o respeto pola vida?
¿Ou é que agora xa non é a vida o máis sagrado que temos?

-QUE O NIVEL EDUCATIVO INFLÚA, SEGURAMENTE QUE TAMÉN.
De feito –en liñas xerais- onde máis casos se dan é en parellas de clase social media-baixa e en situación irregular, que por lóxica, tiveron menos posibilidades de acceder á educación.

-QUE A NECESIDADE XUNTO COA IGNORANCIA OBRIGA A MOITAS PERSOAS A FORMAR PARELLAS POR NECESIDADES ECONÓMICAS; PARECE SER QUE TAMÉN É UN DOS FACTORES QUE SALTAN Á VISTA.
Eso de: “Te quiero Andrés por el interés”
Tampouco ten moito xeito
Porque está claro que onde non hai amor…hai desamor.

-QUE EXISTE UNHA ENFERMIDADE MENTAL CHAMADA CELOPATÍA QUE FAI IMPOSIBLE A CONVIVENCIA COA PARELLA…
Eso está claro; pero …
Non está demostrado que esa sexa unha enfermidade que tan só afecte ós varóns.
¿É posible que haxa tantos homes con esa e outras enfermidades mentais?

-QUE DESDE TEMPOS INMEMORIABLES MOITOS HOMES FORON EDUCADOS PARA SER MACHISTAS, É MÁIS QUE PROBALBLE.
Incluso se pode dicir que en boa medida está demostrado.
Deso, os que peiteamos canas, sabemos moito.
Nas familias do medio rural, que hoxe pasamos do medio cento de anos, déronse situacións discriminatorias a toneladas e no medio urbano pasaba algo parecido:
-Os nenos eran educados máis como “machotes” que como persoas: estaba moi mal visto que cociñaran, muxiran as vacas, fixeran de comer, cambiaran cueiros ós bebés ou coidaran enfermos.
Eses eran labores de segunda categoría destinados só ás mulleres.
Se os facían os homes, perdían virilidade.

-Os nenos eran educados para que non choraran porque chorar era cousa de débiles…
Os nenos pertencían ó sexo forte.
As nenas ó sexo débil.
Todos oímos expresións como esta:
“Non chores que un home é un home, non é una ovella”
¡Vaia, vaia!
Ata o mesmo Xesús dos cristiáns chorou en dúas ocasións. Eso na vida pública, que na privada non se sabe…

-Os nenos mandábanse á escola porque tiñan que saír polo mundo, ir á mili, etc.
As nenas ensinábanse a baldeira-los ouiriñais, varrer, face-las camas, limpar, ir por auga á fonte, lava-la roupa e pouco máis.
Porque “La mujer y la sartén en la cocina, están bien” –rezaba o refraneiro castelán.
Ou disparates como este: “Con la mujer, cuerda corta y vara larga”
E aínda é hoxe o día que seguimos arrastrando moitos deses lastres.
Por outra banda, o trato discriminatorio que a Igrexa Católica dá á muller, xa merece un capítulo a parte.
O certo é que se hoxe chegamos á situación que estamos sufrindo, non é por “CASUALIDADE”.
Ten as súas causas.
Chegamos a este punto por “CAUSALIDADES”.
É ben diferente que algo ocorra por casualidade –como lle pasou ó burro que fixo sona-la frauta por casualidade; ou que existan causas que conducen a tal finalidade.
A esta situación non se chegou por casualidades da vida.
Foi algo que ó longo da historia se foi xestando consciente ou inconscientemente.
O que é ben extraño é que “funcinara” durante tanto tempo.
Funcionar, funcionou daquela maneira. Depende do que entendamos ou da acepción que lle queiramos dar á palabra “FUNCIONAR”.
¡Se as mulleres do pasado ergueran a cabeza..!
Neste momento histórico, estamos asistindo a unha situación que non tiña que haber existido nunca.
¡É unha de tantas vergonzas da humanidade!

Vivimos moito tempo, demasiado tempo, dormidos nun letargo que un día ou outro tiña que abri-los ollos.
O clamor feminino chegou é ceo.

Deus creounos de distinto sexo para que continuaramos o seu labor creador complementándonos en igualdade de dignidade.
Homes e mulleres somos diferentes, pero complementarios.
-Ámbolos dous somos persoas.
--Ámbolos dous temos dereito á vida.
-Ámbolos dous temos o deber gañarnos a vida coa suor da nosa fronte.
-Ambolos dous temos dereito a ter unha autonomía persoal que nos permita realizarnos con liberdade de movementos, de xeito que ninguén se sinta escravo de ninguén.

A sociedade ten que valorar o rol do home en igualdade co rol da muller ou
viceversa.

Como dícía Sabela, aquela raiña católica que tivo España no século quince: “Tanto monta, monta tanto; Isabel como Fernando”

O primeiro paso para chegar a ese equilibrio ten que empezar pola educación desde o fogar ata a universidade.

En segundo lugar, os poderes públicos teñen que defender legalmente a maternidade e o papel que a muller desempeña na sociedade, para que o mundo poida seguir o seu ritmo natural.

Mentres a educación falle e a lei non apoie a maternidade e o rol da muller na sociedade, teremos que seguir falando destes temas moi claro e moi alto co firme propósito de que as augas volvan ós seus cauces canto antes, mellor.

Toca facer un exame profundo e aplicar as medidas correctoras oportunas.
“MEDIDAS CORRECTORAS” será o título do seguinte artigo.

Graciñas por ler estas reflexións a cerca dun tema, desgraciadamente, moi de actualidade, para vergonza de moitos.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES