Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sermón de entroido 2016

miércoles, 03 de febrero de 2016
Ola, miña xente,
un ano máis véñovos falar:
este ano é moi difícil,
traio moito que berrar.

Empezarei polos da cidade
que vos fartastes coa tractorada,
tamén podiades fartarvos
de tanta cacicada.

A tractorada, miña xentiña,
veunos defender a todos
que, en mans dos intermediarios,
estamos afogando nos lodos.

Mercan a patacón
e venden a ouro,
dinamitan ao autóctono
que é o noso maior tesouro

e cando negocian, amigos,
fano con moita vista;
nunca vin un trato prexudicar
a un arriscado maiorista

pero a xente non é parva,
por fin se decidiu levantar
e cada tractor na cidade
foi tracción popular.

Co diñeiro do leite,
cómpre que o saibades,
vimos á capital
mercar as nosas necesidades.

Se a nós nos afogan
a vós logo vos toca
con tanta división
róubannos o pan da boca;

e, se o leite se cobra ben,
a vós mellor vos irá
que co gañado o gandeiro
no voso negocio consumirá.

Deixo o agro por hoxe,
foron valentes de verdade
e os de arriba que aprendan
o que tira a tracción da dignidade.

Non me podo esquecer
da gran nova do inverno:
hai máis dun mes que votamos
e aínda nontemos goberno.

Cada un ten o seu tempo
e todos se respectan moito
pero xa é hora de que as promesas
agromen e dean froito.

Se tan ben vai o país
que se note pola rúa!
Haivos xente de etiqueta
e outra pobre e núa.

Isto, meus amigos,
é para reaccionar!
Triste porvir nos agarda
se nos deixamos levar.

Veña quen veña, xentiña,
non pasarlle a primeira
que cando tocan poder
só nos deixan palla na peneira.

A palabra, compañeiros,
que para nós moito valía
agora é un medio para medrar
e de valores está vacía.

Temos que escoitar
e estar ben pendentes:
o que non saiba cumprir
que vaia rechinando os dentes

porque hoxe,veciños,
nada é o que parece
á sombra do poder
toda promesa se esquece.

Vou seguir falando
e fareino ao dedillo
o caso Noós prosigue
coa infanta no banquillo.

Éravos por pouco tempo,
xa miraban para a doutrina Botín
pola que, se o pobo acusa,
do mesmo pobo se rin.

Mais tivo mala sorte
e polo seu gran desliz
a nosa infanta sentarase
diante dun xuíz.

Tamén vos quero falar
do drama dos refuxiados
por puro humanismo
deben ser axudados.

Pensade un pouco,
poñédevos no seu lugar,
por unha maldita guerra
perderon o seu lar.

Quedar sen casa,
ogallá nunca pasara!
se non lles axudamos
como lles miraremos á cara?

Nós que sempre fomos
xentiña de emigración
temos que abrir os brazos
e acoller sen distinción.

Mais nestes tempos duros
que non falte a ledicia
xa chega o Entroido
á nosa querida Galicia.

Soltade a lingua
como quere Don Carnal
que aí vén o mércores de cinsa
coa recollida coresmal.

Disfrutade da cachola
bebede bo viño
e se podedes
cantádellas ben ao caciquiño.

De todos me despido
con cariño e afección
se vos erguedes
douvos a bendición.

Sede sempre libres,
xente de corazón ergueito
que para mudar este país
hai que botarlle moito peito.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES