Antes a Rede, agora a Bolsa
Editorial - viernes, 29 de septiembre de 2006
Foi ó final do século XX. A economía tradicional seguía a súa marcha imperturbable pero xurdía unha nova economía que encandilaba a empresas e particulares.
E a economía virtual pareceu superar á tradicional, e naceron empresas a centos que subían como a espuma a súa cotización pola pura existencia ou presencia na Rede.
Internet foi un boom que, de repente, despertou á realidade con tráxicas consecuencias para moitos que non souberon estabilizarse ou non puideron aguantar.
A lección foi moi clara para todo o mundo, e as empresas tecnolóxicas pasaron a valer polo que eran, polos servicios que representaban, polas visitas que recibían
asentándose lentamente. Levamos seis anos nese asentamento que agora vai lento pero coidamos que vai seguro.
Agora, a Bolsa, un sector máis tradicional, secularmente tradicional aínda que influenciado decisivamente polas novas tecnoloxías que permiten seguir ó segundo as cotizacións. No que se producen alteracións, fiebres e cracks, xeralmente por sectores ou empresas, que veñen acreditar que se trata dun xogo con reglas complicadas no que a matemática se conxuga coa alta política con moi altas dosis de relacións, de contactos, de auténtica maxia.
A Bolsa sufriu un radical baixón case coincidindo coa crise do Virtual, do que se veu recuperando pouco a pouco ata chegar no momento actual a romper hacia arriba tódalas barreiras.
As Opas son os síntomas externos de fortísimos movementos especulativos, e as grandes empresas buscan medrar a conta das pequenas, e ábrense tódalas ilusións dos que buscan negocios doados, e a Bolsa é agora mesmo o corno da abundancia do que se agarda sallan esplendorosos futuros.
Mentras tanto, a economía tradicional, a de tódolos días, segue a súa marcha, pouco a pouco, lentamente. ¿Quen goberna os nosos pasos económicos?. O Goberno, non. O Goberno somente recauda e distribúe. O resto corre a cargo de poderosos cabaleiros don Diñeiro, dicía o clásico que en calquera momento poden cansar de empuxar do carro, e este pode arrastrarnos na súa caída.
A Bolsa está en máximos históricos. E eso, se miramos ó noso arredor, non ten a menor xustificación. E non pode suceder eternamente.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora