Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xosé Neira Vilas fai País

jueves, 28 de septiembre de 2006
Este sábado, Xosé Neira Vilas vai ser premiado en Láncara (Lugo), co premio “Facer País”.

O Premio “Facer País” está convocado polo Concello e a Asociación Val de Láncara para honrar persoas que teñen que ver co Camiño que este País está a facer.

Se facer país se consegue entre todos, hai xente que precisamente vai marcando o rumbo que os demáis seguimos. Ese é o caso de Neira Vilas, como o é dos anteriores premiados Isaac Díaz Pardo, Xosé Manuel Beiras, Luís Tosar ou Milladoiro.

O premio ven dunha terra que é un mundo en pequeño. Que en poucos kilómetros cadrados xunta alta montaña, terra media e fermoso val, e a entrega hase facer en Carracedo, onde unha ponte monumental lembra que por alí pasaba un importante camiño a Castela, que fixaba as terras de Láncara en séculos pasados.

Xosé Neira Vilas, que ten casa-museo en Gres, xunto coa súa dona Anisia Miranda, destacada escritora cubano-galega, compoñen unha parella imprescindible no panorama cultural da Galicia de hoxe.

Todos os galegos nos recoñecimos como nenos labregos na obra de Neira Vilas, e a humanidade de Xosé Neira demostra unha vez máis que os verdadeiramente grandes teñen como contrapartida unha grandísima modestia e sinxeleza.

Premiando a Neira Vilas polo seu labor a prol do País, sintonízase á perfección co espíritu e o traballo do lancarés Ramón Piñeiro –que tamén da nome ó premio- para deixar constancia de que os resultados da vida dunha persoa non hai que medilos polo rebumbio social, a atención mediática ou o relumbrón momentáneo, senón pola profundidade de pensamento e conviccións, polo traballo calado, pola disposición permanente.

Por eso se premia a Xosé Neira Vilas: pola súa longa traxectoria facendo País, facendo Galicia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES