Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As cousas do Toliño (II)

martes, 02 de febrero de 2016
Atopei ó Toliño camiño de Ribadeo na rotonda de entrada a Foz. Estaba alí mirando a un lado e outro sen reparar na miña presencia.

-¿E logo que fai aquí? -díxenlle a modo de saúdo.
- Estou mirando de poñer unha pancarta para reclamarlle á Xunta o Corredor da Mariña. Vamos a instalar moitas con motivo da Volta Ciclista a España e así denunciar o abandono que estamos a sufrir. Coido que é unha ocasión única.
- E ¿con quen conta para ise traballo?
- Con todos aqueles que pensen coma mín. Hai partidos, sindicatos, asociacións e individuos que, a xeito persoal, poden estar de acordo có que che digo. Non se lles pode permitir por máis tempo que nos esteñan tomando o pelo e engañándonos con tres obreiros e un camión. Nós somos uhas oitenta mil persoas, máis as de paso e turistas, que necesitamos desenrolar as nosas posibilidades económicas e iso hoxe pasa por disfrutar dunhas comunicacións axeitadas. Iste abandono é só culpa dises políticos que non teñen a forza precisa para reclamar isa inversión e, por suposto, da vontade política da Xunta.

E isa, está demostrada, non existe por máis contos que nos conte Feijoo cando ven a busca-los votos.

- Iso é facer política. ¿Tamén lle importa o que fan os políticos?
- ¡ Pois claro que me importa! Aquí o que hai que facer é renova-los políticos que hai, que son coma os pitos de cuarto e mitade. Nin falan, nin os escoitan se dín algo, nin se cabrean cós seus xefes e só son uns miñaxoiñas que están ó servizo de istas ou aquelas siglas, iso sí, cobrando bós soldos, dietas e outras “servidumes” do cargo.

-¿Vostede de qué partido é?
- Eu non son de ningún e… de todos. Son dos que defenden a sanidade, a educación, os servicios sociais…Son dos que cren que non se pode perimitir por máis tempo que a nosa xuventude teña que emigrar, mentras unha serie de folgazáns ocupan cargos nos distintos postos de traballo…son dos que cren na xente por riba das siglas, dos que no dan cobertura ás golferías…Son dos que saben que as empresas públicas son boas se se cuidan con inspecciós efectivas; son dos que conocen as intencións dos golfos que tratan de destruirlas para privatizalas e facer negocios á conta delas; son dos que respetan á Facenda, á Seguridade Social sen roubarlles como fan moita xente…

- ¡Amaine, amaine…non se me embale!

- Mira, rapaz, eu embálome cando me sal de alí. O que non podo soportar é tanto golfo escapando das oficinas oficiais, roubando na empresa da que come, ou facendo trampas coas baixas. A mín xa me teñen canso tantos demagogos que cobran sen traballar e pasan a vida xogando a partida sen querer ter conciencia dos problemas que hai. ¿A ti paréceche lóxica tanta apatía e tanto desinterés polas cousas? Iso si, si se trata de queixarse para iso sempre os tés a punto.

-¿Qué pensa dos partidos?

-Os partidos son o refrexo da sociedade que hai. Hai partidos que levan nos xenes o abuso, o roubo, a rapiña… só queren gobernar para facer leises que exploten á xente e iles enriquecerse sen reparo algún. Sitúanse sempre do lado dos poderosos e calquer circunstancia que lles poda axudar, por exemplo, a Igrexa. Outros tratan de ser máis xustos, cren nunha sociedade máis igualitaria, defenden ideais de solidaridade… outros créense defensores do seu, e dicir, da súa Terra, e colócanse en posicións pouco comprendidas. Agora xurden novas alternativas que ilusionan á xente…pero que está por ver se é verdade que non son iguales… logo están os que non participamos de ningún porque non nos convencen os hermetismos, a falta de honradez de algún elementos, os radicalismos…nin queremos dar cobertura ós golfos, nin os que dín que van a cambiar isto e logo nada cambia. Iso vese ben nos concellos.

- Mire, vou para Ribadeo que xa sabe que a Comarca do Eo fai unha festa por ter publicado cinco mil exemplares.

- Pois moi ben, felicitaos da miña parte. Seguro que en tantos periódicos quedaron impresos moitos soños da xente de Ribadeo e que trataron sempre de defende-la Vila dos buitres que sempre andan a traballar para enriquecerse sen reparar no dano que fan.

Pois ata outra, xa nos veremos. E seguín sen deixar de pensar nisas cousas que tén o Toliño.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES