Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

75 anos do Pxom de Foz

lunes, 01 de febrero de 2016
Tema, sempre actual, que concita o interese dos veciños de Foz, é o referido ó planeamento do territorio municipal, asunto que reclama a atención e seguimento, no que se atopan inmersos boa parte da veciñanza e tamén os chamados “representantes políticos” dos cidadáns; actitudes de veciños e políticos que non sorprenden pois falamos do que puideran ser importantes decisións de futuro. Aquéles pola inquedanza da hipotética modificación ou alteración das posibilidades de uso e,polo tanto, do valor engadido ou minguado das respectivas propiedades; e os políticos porque a consideran oportunidade axeitada para amosar ós eleutores que son eles, e non os “outros”, os que loitan polos intereses veciñais e que as súas propostas, de ser aceptadas, serán as que salven das desfeitas dos “outros”.

O planeamento foi sempre cuestión peliaguda e os responsabeis- gobernos e oposicións- incapaces de arranxalo. Ésta é, cando menos, a experiencia acumulada a través dos anos. O cronista, vello na praza, non lembra xa cantos “intentos” van dende os tempos da súa adolescencia. No caótico arquivo garda un documento do ano 1942 – hai 75 anos – que barruntaba o posible dun urbanismo iniciático mais racional e sensato pois no escrito lese: “ se está llevando a cabo el plano de población de la villa y los alrededores de Foz que, por su excelente posición topográfica pueden hacerse ensanches y nuevos barrios que vayan marcando el progreso….”. Pero salta á vista que a historia non nos foi propicia; dende entón mais que ensanchar, estreitaron canto atoparon ó paso, acorde cos cativos intelectos.

Aquela sociedade, con un 20% de analfabetos, sequera barruntaban a posibilidade dun urbanismo; pero os que viñeron atrás (os “progresistas”, adxetivo ao que todos se adscriben) masacraron o verxel; mentes anquilosadas que deberían ter evolucionado, e non ser artífices da barbarie que nos distingue co feísmo mais procaz e insultante…!

¿Qué dirían hoxe, no 2016, os do 1942 á vista do feito?. Preguntamos:¿ Plan habemus ou dentro de outros tantos anos alguen lembrará a nova oportunidade perdida?, ¡qué Plan, señor..!
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES