Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

jueves, 28 de enero de 2016
Falar máis que unha tarabela dos paxaros. Laura Cornada Loureiro fala máis que unha tarabela dos paxaros. Pero é boa rapaza. Sempre foi unha boa rapaza. Vivía coa nai, que lle estaba prostrada na cama desde había seis anos a causa dunha enfermidade dexenerativa. Por culpa disto tivo que deixar o seu traballo para coidar a nai, e optou por facerse costureira. Pouco a pouco os encargos chegábanlle á casa e nos ratos libres cosía e cosía. Había veciñas que desexaban de corazón levarlle as prendas a coser, pero ás veces tiñan medo o ir fisicamente porque, a pobre Laura, falaba máis que unha tarabela dos paxaros e optaban por mandar a algunha filla. Simplemente para evitar as parolas da Costureira. Agora era así como lle chamaban.

A Laura Cornada Loureiro morréralle o pai cando ela tiña tan só dez anos. Case non se acordaba del. Vivía por e para a nai. E aínda que a nai desconectaba un pouco cada vez que Laura falaba con ela, no fondo tamén se compadecía da filla; pola situación pola que estaba présa a ela e polo defecto da parola: de sempre se decatara que a meniña dos seus ollos falaba máis que unha tarabela dos paxaros.

ESES MOMENTOS DE SOÑAR ESPERTO

O inverno digamos que non é a estación propicia para ler por fóra, paseando. Pero a tarde de hoxe hai que recoñecer que está espléndida e, claro, aproveitei. Logo de ler o xornal e tomar un café baixei para o paseo do río Barbañica e emprendín o percorrido pola zona dos Carrís. A temperatura era a apropiada para pasar con certa alegría as follas, as páxinas de “No ceo non hai cervexa”, do arxentino Carlos Salem. O libro non vai máis alá de entreter, pero pásame como con todos ou como coas películas: que sempre confías nunha frase ou nunha escena pola que digas que o día de hoxe xa mereceu a pena.

Certo que nas películas é máis complicado; hainas que desde o primeiro momento sabes que nin dez boas escenas a salvarán da queima. Os libros son distintos; nunca sabes se na seguinte páxina atoparás algo que te faga soñar realmente. Ademais díxeno sempre: coa lectura debuxas ti os personaxes, as situacións, todo; mentres que as películas danche todo feito. E onde estean eses momentos de soñar esperto, que se quite todo o demais. Pois, ale, sigamos lendo nesta tarde espléndida.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania