Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santos profilácticos e curativos (5)

jueves, 28 de enero de 2016
Obxectos ligados co sagrado

1. A Gravata do Santo Estevo, Vilapedra (Vilalba)

No santuario do San Estevo, Vilapedre (Vilalba), lévase a cabo o Santos profilácticos e curativos (5)ritual de colocar unha gravata na gorxa do Santo. Segundo a tradición hai varios motivos para impoñer este obxecto:

1º. Antano, os mozos da parroquia, cando ían á guerra civil, poñíanlle ao santo unha gravata sen nó. Ó volver, facíanlle o nó e deixabanllo posto.

2º. Cando se perdía un animal, colocábanlle unha gravata cun nó ao santo. Se o animal non aparecía, entón acudíase de novo á capela e anoábase un pouco máis, e así sucesivamente.

3º. Segundo Josefa Orosa, veciña da parroquia, os homes ofrecían este don ao santo coa finalidade de casar no ano que ía pasar ata a próxima romaría. Pola contra, María Roca, dínos que esta prenda poñíanlla ao santo aquelas mozas que querían casar denantes da próxima romaría. (Diario «O Progreso de Lugo», 9-10-05).

2. Os guizos de Cadoalla
Na freguesía de Cadoalla (Becerreá), onde se venera ao Eccehomo, algúns devotos de diferentes comunidades do contorno levan da porta de entrada do recinto sagrado «uns guizos» para as súas casas como profilaxe da facenda. A auga, as gravatas, os guizos da porta, as espadanas, a fraga, os ramallos de teixo e a terra son elementos ligados aos respectivos santuarios e polo tanto están sacralizados. Por iso os devotos utilízanos como símbolos protectores das facendas contra todo aquilo, que puidese orixinar alteracións nas mesmas.

3. Os ex-votos de cera
Naqueles santuarios onde había unha presencia física de animais, esta foi substituída actualmente, agás algunha excepción xa vista, por ex-votos de cera. Estes, no caso que nos ocupa, son obxectos artesanais, que simbolizan a algúns corpos de animais: cabras, ovellas, porcos, vacas e xatos, que os devotos levan aos santuarios en testemuña do seu agradecemento pola influencia positiva e benéfica, exercida polos Santos profilácticos e curativos (5)seres sagrados na cura dunha doenza animal ou para solicitar a súa protección no decurso da vida.

Na antigüidade xa se empregaban estes exvotos, aínda que eran de materiais diferentes. Así, no museo de Pontevedra hai unha sertie de terracotas procedentes do santuario itálico de Calvi, situado na Campania, onde se ofreceron moitos exvotos aos deuses itálicos ao longo de varios séculos. Hai que distinguir varias cabezas de homes e mulleres, así como algúns animais, como cochos e vacas. As máis destas terracotas, construídas con molde, estiveron policromadas, sendo interesante comprobar a súa semellanza cos exvotos de cera.

Na actualidade estas figuras de cera fannas cereiros, que por medio de moldes reproducen diversos corpos de animais: cochos, ovellas, xatos e vacas, así como o corpo humano ou mesmo diversas partes súas. Estes artesáns, que no intre actual empregan parafina e non cera de abellas
seguen traballando coa mesma finalidade e elaborando algo funcional que o pobo segue pedindo e consumindo.

Por outra banda, estes exvotos de cera aínda se seguen empregando como ofrenda nun bo número de santuarios da provincia, logo de que as diferentes entidades sacras atendesen os rogos daqueles devotos, que ofreceron aos seus animais por algunha doenza.

A abundancia de cochos e vacas estanos reflectindo a importancia destes animais na economía rural galega polo que é mester facer alusión, entre outros aspectos, a evolución que se leva a cabo na vaca ligada coa súa cambiante funcionalidade na vida cotiá.

Na actualidade este tipo de ofrenda séguese realizando na provincia lucense do seguinte xeito:

1º. A través da venda directa levada a cabo no interior do santuario. É o modelo máis usual, xa que se utiliza en moitos santuarios, que teñen aínda este tipo de ofrenda. É o caso dos santuarios do San Bernabé en Martín (Baleira) e Castrillón (O Corgo); do San Pedro Fiz en Vilarmide (A Pontenova); do Eccehomo en Arcos (Outeiro de Rei); do San Adriano en Goiriz (Vilalba); do San Xián en Baltar (A Pastoriza); do San Estevo en Vilapedre (Vilalba), do Santo Anxo de Anseán (O Corgo), do San Bernabé de Castrillón (O Corgo); de Martín (Baleira); de Meilán (Riotorto) etc...

2º. Por medio dos postos ambulantes de cera, situados a carón do recinto sagrado. Actualmente este modelo é pouco usado. Só puidemos aprecialo nos santuarios da Nosa Señora do Faro en Requeixo (Chantada), da Virxe dos Milagres de Saavedra (Begonte), da Virxe dos Desamparados nos Vilares (Guitiriz), do San Alberte en San Breixo (Guitiriz), do San Bento en Carballo (Friol).

3º. A través do santuario e dos postos ambulantes de cera. Teóricamente é o modelo máis competitivo, xa que os devotos que acoden por primeira vez adoitan mercar nos postos, mais aqueles que xa viñeron outras veces fano no interior do santuario, onde soen ser máis baratos. Isto podémolo apreciar aínda nos santuarios do San Bento en Carballo (Friol), do San Cosme en Galgao (Guitiriz), Antón da Rigueira (Xove)...
Os devotos, logo de mercar esta ofrenda teñen por costume realizar o ritual de circunvalación ao redor do santuario e oír unha misa no mesmo recinto. Ao rematar o oficio relixioso, adoitan participar na procesión, que normalmente percorre o perímetro do santuario.

Esta ofrenda queda no interior do recinto sagrado, logo de que os romeiros cumprisen as promesas polas que estaban encomendados. No santuario do Eccehomo de Cadoalla (Becerreá), aínda que deixou de usarse este tipo de ofrenda, sen embargo bastantes devotos seguen pagando unha canunha vaca, cocho...
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES