Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nin o desguace nos toca

miércoles, 27 de septiembre de 2006
¡Coa ilusión que nos facía ese taller de desguace que según Orozco/Blanco nos ían montar en Rozas, aeródromo natural da Terra Chá!

Pero, claro, a Orozco, ¿Qué máis lle ten, se é competencia de Arturo Pereiro, de Castro de Rei?. ¿A Blanco que lle vai no tema se o seu territorio é Palas, e os seus obxectivos moito máis amplos?

¿Por qué tiñan que vir defraudarnos ós da Terra Chá?.

O proxecto (Xa que non temos avións, desguazar os avións dos outros), ía ser a constancia perfecta de que Lugo existe na xeografía nacional, e que a Terra Chá é dentro de Lugo unha unidade de destino ou procedencia.

Pero ó final é Teruel quen de verdade existe, e consegue a fábrica de avións de Ribadeo e o nonnato desguace chairego.

Botar a lengua a pacer, ten eses problemas. Son felices largando, e nós aparentamos crelos. Coidan que nos envolven, e nós xa vimos envoltos de fábrica. Pero está mal o que fan connosco, enchéndonos de promesas e deixándonos aiunos de realidades.

Cóntennos algo que sexa certo ou vaia selo, e –sen que sirva de precedente- tomarémolos en serio. Aínda que, a falta de Ave, sexa o desguace do Ave dos outros.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania