Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cousas do toliño (I)

miércoles, 27 de enero de 2016
Cecais recorden os meus lectores que anos atrais escribín, naquel desaparecido periódico viveirés chamado BADAL, as andanzas dun vello mariñeiro, nacido na Vila de Nicomedes que, por razóns que desconocín, vivía por aquel entón no manicomio de Leganés (Madrid) como tolo externo. Atopábao pola rúa por ser de natural pacífico.

Un bó día, por disgracia mutua, deixámosnos de ver sen causa algunha: Nin un nin outro tíñamo-las respectivas señas. Pola miña banda, sentíno moito.

Pasaron moitos anos…Ata que un bó día de vrau reencontrámonos en Viveiro e fundímonos nunha fermosísima aperta.

-Despois de todas isas cousas que se din naquelas circunstancias, espetóume: Agora non sei nada de ti, como xa non escribes no Heraldo…

-Levo un tempo sen publicar, pero iso non depende de mín, a máis agora pódeseme atopar en Galicia dixital ou tamén na Comarca do Eo á que, por certo, hai que felicitar polo seu número cinco mil. Ademais escribir é como sementar os soños no ermo…

-Pode que esteñas canso de expoñer as túas ideas, pode ser que che pasen facturas de ideologías, de envexas, de ser cobardes é non loitar por aquelas cousas que ti loitas, é moi posible que sofras da incomprensión dos máis, incluso daqueles que máis che doen, que soportes as marxinacións por manterte na línea de independencia persoal e iso pasa factura… Sei que non gostas de camarillas nin estás nun grupo cultural que se xunta para agasallarse mutuamente. Sei que non es políticamente correcto, que non é doado convencerte de algunhas cousas, que algúns serían moi felices cobrándoche vellas facturas… Eu ben sei que te preocupa a verdade, a libertade, o respeto mutuo, un mundo mellor, onde os caiucos, por exemplo, non existan. Comenzarías cecais a ser feliz cando todo-los que se autochaman persoas o foran, donde os bós sentimentos foran tan limpos como os viviches. Sei que che preocupa a herdanza dos nenos, ise planeta que destrozamos decotío…

Preocúpante moitas cousas e morrerás así. Iso non se pode evitar por moito que disimules.

-Eu pensaba que escribir era un servicio á sociedade que non debera ser malo.

-E non é malo, pois co teu esforzo estás a tratar de mellorar as cousas. Malo son os que calan diante dos abusos; malos son os que tratan de pecharche a boca cos trucos máis ruíns; malos son os que despelexan por detrais e non se atreven a combati-los argumentos no mesmo tarreo; malos son os que son tan pobres que che pasan facturas porque a túa verdade deixaos co cú ó aire.

Malos hai moitos; mais ti sempre defendiches causas que creíches xustas, nunca a túa pluma-bueno agora será o ordenador-estivo ó servicio de ninguén, sempre loitaches contracorriente e chamaches as cousas como creiches xusto …¿regaláronche algo?

-Escribir é duro, non só se chora físicamente senón coa ialma.

-Mira, bó amigo, un vello colega do manicomio dicía que a bágoa é o sangue da ialma. E cecais sexa certo, mais escribir non é só chorar, algo que hoxe está mal visto, porque neste mundo de “triunfadores da globalización” calquera mostra de sensibilidade está a ser mal vista. Así lles vai. Eu reindivico o dereito do home a chorar. En canto a escribir, ti ben debes saber que ese mundo da escritura hai xeitos de collelo. Uns buscan gañarse o pan. Ista é unha minoría moi selecta, de alto nivel cultural, que vive nun medio moi complexo, onde soberbias e vanidades camiñan entre servilismos e mercadeos de incomprensible mistura, sempre adornadas con verbas hermosas e grandilocuentes. Pouquísimos hai realmente dignos, mais istes son verdadeiros héroes. Despois está unha retafía de pedantes pretenciosos que xogan a crear lumeiras de artificios a base de entreter ó persoal con fantásticas postas en escea, onde non hai miolo algún, que deixan un pouso de perda do tempo. Eiquí collen moitos políticos, periodistas, xentes do espectáculo, empresarios e doutras profesións, que usan a pretendida literatura como palestra para reforza-la autoestima. Cecais sexan os culpables de que se lea tan pouco. Despois están os medrapolíticos, que escriben sempre para despelexar o contrario e defende-la súa ideoloxía. Sempre houbo lamecús tan indecentes coma súas argumentacións. Tamén están os meritorios da crase media, tipo médico, cura, farmacéutico, mestre-e neste apartado estás ti e non te ofendas-que escribides, desde verdadeiras trapalladas, ata cousas sinxelas e humildes, incruso fermosas as veces, mais con escasísimo eco na sociedade actual. Por iso ti coidas que sementas os teus soños na xente. Por último, están os que chaman escribir a redactar polos canles da Academia. Por riba do ben e do mal, están os críticos, mellor dito os criticóns, especialistas en desmerece-lo alleo con máis mala leite que argumentos, e que, presumindo de pudorosos, esconden o medo ó ridículo sen escribir endexamais re. Iles viven na peana da vanagloria.

-¿Non quedáramos en que non había que esquencer o chan?-propuxen eu.

-Sempre. As peanas, os xeitos altivos, a estulticia, son sempre refrexos da inseguridade que necesita o mediocre, cando non o cativo. Exemplos recentes tés na Historia de España e Mundial. E a cativez non tén porque ser física, que só é iso, senón mental ou moral que é a pior.

-Estábamos a falar do feito de escribir -proseguín eu- vostede sempre se vai por peteneras.

-Se foses inteligente, e non te ofenderas-prosigueu-decataríaste da interrelación das cousas, da importancia que tén o entorno, o que agora chaman medio, nas cousas que escribe un autor. Cantos autores hai hoxe que misturan a Merlín e Simbad e lévannos de viaxe en calquer artilugio voador para amañar un mundo tan singular como irreal. Máis o mundo que hai que amañar hoxe é o que crea fronteiras, bandeiras, estereotipos, culturas dominantes, abusos de poder dos supragobiernos das multinacionais, loitar polo reequilibrio dos recursos, de reonduci-las relixións ó seus ámbitos, despolítizándoas. Queda moita materia na que pode traballar un bó escritor sen necesidade de que decore as carricolas, que si ben poden resultar fermosas, tamén pode ser traballo valeiro.

¿Quedamos para outro día?-rematou axeito da súa habitual despedida.
-Dacordo-repriquei eu. E, como diría aquel locutor da tele: “Así foron as cousas e así contámollas”.

¿Será il o culpable de que retome as súas andanzas? Xa veremos. Ata outra.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES