A caverna revólvese na súa esterqueira
Cardalda, Theo - martes, 26 de enero de 2016
Desde o Preguntoiro:
A caverna revólvese na súa esterqueira
A política deste país está nestes intres ante un grande atractivo, un novo modo de gobernar, onde ata agora tanto os socialistas como o PP sempre gobernaron con maiorías absolutas o de cando en vez con partidos nacionalistas desde os comezos da democracia. Ou sexa, o pastel sempre o repartiron estes dou partidos, chegando a estes anos cunha corrupción de cabalo e un déficit democrático moi perigoso.
Ante este panorama do fin do bipartidismo tralo 20 -D, os futuros gobernantes teñen que adaptarse a esta nova realidade, cousa que moitos dalgúns casposos dos dous partidos que seguen chupando do teto público non son capaces de asimilar que estamos ante outra forma de facer política, que estamos en outros tempos e que 1978 xa queda moi lonxe.
Isto tamén vai por eses politólogos e medios de información que están a berrar como tolos nas tertulias manipulando terxiversando esta realidade ao servizo de intereses moi escuros e cavernícolas. Cousa que estes contadores de mentiras nada din de que a este país lle falta esa cultura política de gobernos en coalición con tres e máis partidos que agora están gobernando en Alemaña, Bélxica, Dinamarca, Francia, Greza, Holanda, Italia, Portugal e Suecia; sendo isto unha práctica moi común e moi estendida e non pasa nada, non rompen o país nin está ninguén a poñer en perigo aos cidadáns como dixo a Vicepresidenta Sáez de Santamaría.
Quen si puxo en perigo aos cidadáns estes catro anos foi o PP co caradura do Sr, Rajoy ao fronte, gobernando este país co rodillo a golpe de decretos leis, espoliando e condenando á pobreza a millóns de españois.
Sexa como sexa, sería imperdoable que os partidos de esquerda non aproveiten esta ocasión para botar do poder a esta dereita cavernícola, franquista, autoritaria e impositora.
Se temos eleccións anticipadas vaise perder unha grande oportunidade de rexeneración democrática verdadeira, todo depende deses baróns do PsoE (os filipitos e company) ancorados no pasado e ao servizo das portas xiratorias. Desde o meu punto de vista, estes serán os culpables desta ocasión perdida, nunca os bos militantes socialistas de esquerdas.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora