É a economía, estúpido!
							Xiz, Xulio - jueves, 21 de enero de 2016
							  	Foi en 1992 cando se lanzou unha frase que daría a volta ao mundo, e case un cuarto de século despois segue sendo un elemento social de primeira magnitude: A economía, estúpido!.
	Bill Clinton facía campaña contra George Bush, pai, e mentras Bush facía fincapé nos éxitos na política exterior, os asesores de Clinton lanzaron unha agresiva campaña, impactante, que foi demoledora por afincarse na realidade económica antes que calquera outra. Agora, úsase como arma ofensiva en calquera discusión é a economía, estúpido!- para reafirmar que a economía foi e é o elemento base de calquera organización política, por selo de todos os seus membros.
	Se miramos arredor de nós, comprobamos que mentras a economía funcionou, non tivemos maiores problemas. Se non había problemas económicos, non había importantes problemas sociais, non había problemas políticos
 quizais máis ca os derivados das desigualdades que a economía rexistraba.
	E cando chegou a crise económica chegaron todas as demais
 exacerbáronse os problemas nacionalistas por estimar que o trato económico que reciben non é o axeitado
 estouparon os problemas sociais coa perda de empregos, e con ela a perda de vivendas e todo tipo de bens
 agriáronse as relacións políticas, devaluouse o papel dos políticos, apareceu a casta, evidenciouse a escasa democracia interna dos partidos,  fragmentouse o voto, apareceron novas forzas descoñecidas ata entón
	A economía foi o comezo desta revolución que fai temblar estructuras e renxer os cementos, anunciando tempos novos, de resultado impredecible. 
Haberá que tratar de atopar nas difíciles condicións actuais algunha mensaxe para o futuro e algunha bondade entre tanta axitación
Dunha parte, que por obriga ou por sensatez comprobemos que podemos vivir doutro xeito, sen tantas artificiosidades como as que nos invadían e doutra porque o panorama político sexa mais limpo, máis claro, porque todos estean considerando a corrupción como o maior mal deste tempo.
	Así que o de é a economía, estúpido non está tan descamiñado
 e o que non teña aprendida a lección, posiblemente non lle dean unha segunda oportunidade.
							
							
 
							Xiz, Xulio
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora