Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santos profilácticos e curativos (4)

jueves, 21 de enero de 2016
Obxectos relixiosos
1. Estampas
As estampas e outros obxectos semellantes constituen un gran apoio para a piedade popular. Trátase de importantes recordatorios. «Si quisieramos reconstruir la historia religiosa de un pueblo encontraríamos en las Santos profilácticos e curativos (4)estampas, medallas y objectos de culto doméstico los principales elementos. Se trata de signos claros de religiosidad popular..». Estes apoios de piedade popularexercen sobre moitos unha influencia máis fonda e duradeira que as pláticas dominicais. Isto é debido a que éstas, as máis das veces, son mal comprendidas.
Algunhas estampas ligadas á devoción popular nesta provincia, están vinculadas a santuarios, outras son propiciatorias dende antano ao culto popular. Así, distinguimos, entre outras, as seguintes: A estampa do San Cosme e San Damián, ligada ao santuario de Galgao (Abadín.) A da Virxe dos Milagres, relacionada co recinto sagrado de Saavedra (Begonte). A do San Bento de Palermo, propia do espacio sagrado de Carballo (Friol). A da Nosa Señora da Leite, vinculada co santuario de Sambreixo (Palas de Rei). A do San Antón de Padua, unida ao recinto sagrado da Rigueira (Xove)...
Antano había estampas, que estaban relacionadas coa existencia de confrarías, como a da Virxe do Carmio, do Pilar, de Santa Rita, do San Roque etc...
Tamén as había que estaban asociadas á predicación de misións por parte de órdes relixiosas. É o caso dos
capuchinos que fomentaban o culto a San Antón de Padua; os pasionistas, á Pasión de Cristo;os franciscanos, á San Francisco...
A meirande parte das estampas adoitan ter no anverso o símbolo relixioso ao que están adicadas, e no reverso unha pregaria á santidade correspondente. Neste punto cómpre termos en conta a do San Antón de Padua, que amosa no reverso o importante responso ao santo, que aínda é utilizado con bastante asiduidade para recuperar animais e obxectos perdidos.

2. Os Escritos
Son uns fragmentos escritos en latín, castelán ou en ámbalas dúas lingoas, que se utilizan a nivel persoal e familiar. Cando o uso é persoal os individuos lévanos colgados do pescozo, pechados en bolsas. Pola contra, cando se empregan na facenda, adoitan pegalos no interior das casas e dependencias anexas como alpendres, cortes e estábulos cunha finalidade protectora perante axentes maléficos.
Os escritos poden ser específicos, dirixidos contra o mal de ollo, as treboadas, o demo, etc..., ou contra calquera tipo de mal en xeral, empregándose mesmo para a protección e curación do gando.
No ámbito lucense empregáronse, dun xeito preferente, dous tipos de escritos:

2.1. Os escritos de Aranga
Trátase de escritos en castelán, que se conseguían no santuario de Aranga (A Coruña), onde o tres de maio se celebra a festividade da Santa Cruz. Estes colocábanse no interior das casas e dependencias anexas como cortes, estábulos cunha finalidade protectora contra todo aquilo que puidese perturbar o espírito da unidade doméstica. Non se poñían pechados nunha bolsa, como os escritos de Cotá (Friol), senón que se pegaban abertos sobre unha parede, porta ou viga. Actualmente, case non se utilizan nesta provincia, apreciándose pervivencias moi escasas nalgunhas comunidades de Friol e Guitiriz.
Santos profilácticos e curativos (4)
2.2. Os escritos de Cotá
Reciben esta denominación xa que o encargado de vender os escritos reside en Cotá, (Friol). Estes conteñen nunha folla impresa de 22x26cm. unha cruz latina situada no centro da súa metade superior, e dous tipos de texto. Un en latin e castelán realizado en letra de imprenta; e outro, en castelán, feito cunha pluma ou cun bolígrafo polo encargado de manter a tradición no intre de ser entregado ao solicitante. (J.A. Fidalgo Santamariña, 1988: 203). Os escritos son usados como protección da estancia familiar e dependencias anexas, contra todo tipo de males e infortunios que pudiesen producir desequilibrios de diferente índole.
As persoas que compran os escritos teñen que darlle ao que manten a tradición, e ao mesmo tempo encargado de vendelos, os seguientes datos:
1. Nome e apelidos do destinatario do escrito.
2. O obxecto de protección, que pode referirse a persoas, cousas, animais da unidade familiar,ou ben a todo en xeral.
Os escritos entréganse dobrados polo vendedor e, logo, o depositario colócaos do mesmo xeito, ben cravados ou pegados na parte superior dunha viga, parede ou porta das distintas dependencias da estancia familiar.
Por outra banda, estes escritos constan, como xa indiquei, dun dobre texto.

TEXTO EN CASTELÁN E LATIN
É o texto impreso pola imprenta. Na parte superior hai unha cruz , figurando ó seu redor a fórmula do exorcismo, iniciada co habitual «Christus vivit, Christus regnat, Christus imperat». Nesta primeira fórmula ordénase aos demos para que abandonen a criatura na que están introducidos, así como todo lugar e casa na que estivesen, e nos que estes santísimos nomes foran escritos, intimidándoos para que non pudiesen causar dano ao poseedor desta oración.
A cruz latina amosa unhas siglas no seu interior e que siñifican o seguinte:
No brazo vertical: V.R.S. (Vade Retro Satana). Afástate Satanás. N.S.M.V. (Numquam Suadeas Mihi Vana). Endexamais me aconselles cousas vans. S.M.Q.L. (Sunt Mala Quae Libas). As libacións que fas son malas. I. V. B. (Ipsum Venenum Bibas). Ogallá bebas do mesmo veleno.
No brazo horizontal C.S.S.M.L. (Crux Sancta Sit Mihi Lux). A cruz santa e luz para min.
N.D.S.M.D. (Non Draca Sit Mihi Dux). Non sexa o meu guía o dragón.
Tamén mostra unhas siglas no seu exterior e que teñen o seguinte siñificado:
Na parte superior: Ecce Crucem Domini. Aquí está a cruz do Señor.
Na parte inferior: RADIX DAVID ALLELUYA. A linaxe de David, aleluia. VICIT LEO DE TRIBU JUDA. Venceu o león da tribo de Xudá.
Polo tanto, as siglas que aparecen no brazo vertical son invocacións para que Satanás se retire e para que non persuada á persoa a facer o mal e que sexa Satanás o que tome o seu propio veleno. Nas siglas do brazo horizontal, pídese que a cruz santa sexa para a persoa que ten o escrito, e que o dragón (Satanás) non sexa quen lle guíe.
Pola parte exterior da cruz hai baixo a inscrición INRI as seguintes frases: Aquí está a cruz do Senor.A Raiz é David. Aleluia. Venceu o león da tribo de Xudá. Logo, invócase á Virxe, aos santos e aos apóstolos para que liberen á persoa e a conserven ilesa de toda influencia satánica.
Como remate, hai una serie de advertencias escritas en castelán para o correcto uso dos escritos.

TEXTO EN CASTELÁN
Trátase do texto escrito pola persoa encargada de vendelos. O texto amosa os seguintes elementos en canto a súa estructura:
1º. Námbolos dous lados da parte superior e inferior aparece debuxada unha cruz pequena para darlle un carácter sacro.
2º. Na parte superior e námbolos dous lados da cruz aparecía o nome do destinatario. No intre actual non se fai alusión a ningún nome.
3º. Na parte central e media, o obxecto de protección: "y tus ganados y tu casa en reses, hacienda y tu familia".
4º. Na parte inferior, o remate do ensalmo: »tota da nuestra tua es. /Amén.
No reverso aparecía a data na que foi concedido o escrito. Pola contra, na actualidade, non é costume poñela. Escrito do País Vasco.

Estes fragmentos preséntanse dobrados por parte de quen os vende, para que non se poida ver o seu contido interno. Únicamente pódese apreciar o seu contido externo, no que se mostra a data de concesión do escrito que é valido para un ano.
Así mesmo, é mester ter fe neles para acadar un efecto positivo. Ademais convén non romper «o tabú» do escrito, coñecendo o seu contido, xa que nese caso a eficacia podría ser nula. Finalmente, estes escritos seguen aínda usándose preferentemente nos concellos coruñeses e lucenses máis próximos ao de Friol, de onde é orixinario o escrito
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES