Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pouquiño a pouco

jueves, 21 de enero de 2016
Case seguro que vostede coñece aquela fábula da lebre e máis da tartaruga ou sapoconcho.
¿Coñece tamén algunhas persoas que se cren moi listas e actuan como a lebre da fábula?
Pois, haber hainas. Eu teño coñecido moitas a través dos meus dilatados anos de vida profesional no ensino.

Hai moitas persoas que nacen dotadas de boas capacidades e saben aproveitalas. Son persoas que acadan moitos coñecementos.

Tamén hai outras que se tomaron demasiados “momentos de relax” e cando se dan conta…perderon a oportunidade.
Se a aproveitaran, outro galo lles cantaría.

Porque:
A algunhas persoas pásalles que:
“Cuando el juicio ha venido, el tiempo se ha ido”

Seguro que temén coñece persoas de capacidade intelectual normal, pero dotadas de constancia e tesón.
Unhas teñen a sorte de nacer en familias económicamente fortes e resúltalles fácil situarse na vida.

Hai outras que nin naceron dotadas de altas capacidades, nin lles tocou nacer en familias ben situadas.
Pero teñen unha gran virtude:
-A capacidade de esforzo.
-Non regatean sacrificios.
- Saben renunciar a unhas cousas a favor doutras mellores.
-Traballan, traballan e seguen traballando porque a súa meta está moi alta.
-Son persoas constantes como o sapoconcho.
-Son persoas loitadoras.
-Son persoas con aspiracións nobles e elevadas.

Este tipo de persoas hainas e co seu bo facer, levan adiante grandes empresas:
-Se a súa aspiración é conseguir una carreira, estudian incansablemente. A veces encontran algún atranco, pero non se desaniman.
-Se a súa aspiración consiste en acadar bens materiais, son capaces de facer o traballo que sexa e as horas que fagan falta para levar un bo xornal para a casa.
Na actualidade son máis necesarios que nunca o espírito de sacrificio e a constancia, pero non están de moda.

Para empezar. hoxe en día dáselle todo feito ós nenos:
-Os xoguetes non son de fabricación caseira como eran os dos nosos tempos. Hoxe cómpranse, estréanse e o segundo día xa perderon o mérito.
-Os alimentos en moitas ocasións son “precociñados” porque resultan máis rápidos.O factor tempo valórase moito.
-A roupa cámbiase de cada pouco porque saen marcas novas e as rebaixas tentan.
-Co calzado pasa outro tanto.
-Cos móviles, coas tabletas, cos ordenadores…eso xa é unha febre.
-Co pracer e co hedonismo, non digamos:
Pracer a primeira vista e hedonismo, canto máis mellor.

Salvando moi honrosas excepcións…, este é o panorama que presenta o mapa dunha boa parte da sociedade de hoxe en día.

Hoxe en día, pedimos e pedimos e volvemos a pedir esto, aquelo e aqueloutro.
-A infancia e a xuventude –principalmente- piden e dáselles
Pide un xoguete e cómpraselle tanto se estudia moito como se non estudia.
(Total aínda é moi novo para ter responsabilidades- pensan algúns)

Un xove sen traballo, sen oficio nen beneficio, pide un coche e cómpraselle e se pode ser de gama alta, mellor.
Ten que presumir diante dos outros…
(Vaia, vaia…penso eu)

Non nos paramos a preguntar:
¿Podo comprar esto?
¿Convenme compralo?
Non, non… ¡Aquí e agora!
¿Non estaremos equivocados?
-O que non se suda, non se disfruta.
-O que non costa, non se valora.
¿Cando recapacitaremos que as cousas ben feitas levan o seu tempo?
¿Cando comprenderemos que non gañamos nada queimando etapas da vida?
Porque cada etapa hai que saboreala lentamente para collerlle o ser verdadeiro gusto.
Roma non se fixo nun día.

Unha persoa non se forma da noite para a mañá.
-Antes de andar, hai que gatear.
-Antes de ser xove, hai pasar a adolescencia.
-Antes de xubilarse, hai que pasar pola vida laboral.
-E así pasa con todo.

Hai que ir pouco a pouco, pasiño a pasiño.
Non se poden construír castelos no aire.
“CASTELOS NO AIRE, NON” será o título do seguinte artigo.
Antes de rematar, quero agradecer a todas aquelas persoas que pouco a pouco foron labrando silenciosamente o nivel de benestar que hoxe disfrutamos.
A ver que facemos nós para deixarlles un futuro mellor ós que veñen detrás.
Coa axuda de todos, conseguirémolo.
Moitas grazas pola parte que lle toca.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES