Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Leve boa viaxe, Don Xerente

jueves, 21 de enero de 2016
Xa pasaran dous días cando soben que o Don Xerente do HULA fora relevado das súas funcións. No é que tivésemos moito trato, aínda que el daba normas de cómo debía ser o trato que había de darse ós pacientes do HULA e dos arredores.

A pesar do pouco trato, mandeille algúns recados -incluso por este mesmo medio de Galicia Dixital- pero nunca puiden saber se lle chegaran. Aló por mediados do mes de maio do ano pasado, antes das eleccións, mandeille unha carta certificada e con acuse de recibo. Recibín o xustificante firmado (supoño que por el, porque lin o seu nome) de que a recibira e seguín esperando a ver se me respondía ou quería que lle response eu a el no xulgado, porque lle dicía que, feitas as contas do copago, dos medicamentos que tiña que pagar íntegros porque non entren na Inseguridade Social e do que podía custar un enterro normaliño, aínda me quedaba prás taxas do xulgado. Avogado non tiña que pagar, porque se me ofreceran varios. Xa na carta lle dicía tamén que non se apurase e seguise atendendo ó seu que era pechar plantas enteiras do Hula e habitacións á feito.

Nada tampouco! Tiven o silencio por resposta. Nesa carta eu viña a dicirlle ademais, que, cumprindo ordes de arriba e sendo fiel a defender á Administración fronte ós administrados, que somos quen pagamos ás administracións e ós administradores, estaba sendo, coas súas ordes e directrices, de moito proveito prá Inseguridade Social da provincia de Lugo e da autonomía en Galicia (que non é o mesmo ca Autonomía Galega) e xa non digamos prós fondos da caixa de pensións estatais.

Agora foise. Non sei se levará o coche oficial sobreseído, nin como lle recompensarán os servizos prestados. Pero, como deu mostras de ser un médico moi vocacionado (ou dirase bocacionado?), segurísimo que lle está tardando por exercer esa vocación (ou bocación?) e deixar de ser un funcionario posto a dedo como “la voz de su ama”, que tamén, grazas a Deus, foi removida non hai moito tempo, despois de levar tempo pisando o freo en lugar do acelerador de partículas da radioterapia e de demostrar con estatíscas na man que en Lugo non hai os infartos que bebía haber pra que pague a pena a hemodinámica permanente. É que os de Lugo imos atrasados en todo, ata no número de infartos. Así nos vai.

Non me importa moito pra onde vaia o Don Xerente cesado. Que leve boa viaxe. Pero sentín non sabelo a tempo pra avisar de que non levase coas presas ou sen darse conta as chaves das especialidades que pechou. O que si pode levar, digo eu, é a lista das enfermidades que van coller vacacións o próximo verán, se é que o hai, xa que tal e como está o cambio climático e a situación política teño moi serias dúbidas.

Non sei se lle farán algunha homenaxe de despedida. Eu nin estou convidado nin iría, porque pode pasar como pasaba cos curas hai anos: Este domingo chorábase polo que marchaba e pró domingo que vén tirábanse foguetes polo que viña.

Ó novo Don Xerente, a quen non teño o gusto de coñecer máis ca polo que lin na prensa, deséxolle acerto e fidelidade ó xuramento hipocrático por riba do xuramento de fidelidade a quen o nomeou, porque así tamén eu me considerarei máis seguro baixo a súa xerencia.

Ó que lle mandaron marchar non lle desexo nada, porque estou vivindo unha prórroga, non precisamente grazas ás súas directrices, e se me deron este tempo da prórroga non quero perdelo con quen non responde ás cartas. Meu avó, en paz estea, a este tipo de xente chamáballes: “Mazados”.
Carballo, Xosé Manuel
Carballo, Xosé Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES