Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Arte e a Fe

viernes, 22 de septiembre de 2006
Un Cristo do século XVII ven de sufrir un ataque dun ou máis bárbaros en Santiago de Compostela.

É un fermoso Cristo de madeira policromada, que durmía o soño dos ustos na igrexa de San Paio, no corazón da capital de Occidente, ó coidado de silenciosas monxas bieitas que como tódolos días, o pasado día dezanove abriron ás dez da mañá as portas da súa igrexa.

Pouco despois – o terror tamén madruga- o Cristo ardía, sufrindo graves danos, e podendo ter orixinado un auténtico desastre artístico e social. Aínda así, e a pesar dos esforzos das monxas e duns obreiros que lles axudaron, a estatua sufriu graves danos en mans e pes.

Non saben os agresores bárbaros que, se o problema que teñen é relacionado coa fe, un Cristo con case catro séculos de existencia, está por riba da fe, instalado en lugar destacado no mundo da arte. E aínda que só sexa porque a arte nos afecta a todos e a fe só ós crentes da confesión que se trate, a Arte é un valor universal mentras que a fe só é un ben ou patrimonio dos que a posúen.

Non se sabe se este atentado é froito do “Dies irae” que se está tramando en ambientes extremistas do mundo musulmán ou simplemente obra duns gamberros que quixeron iluminar dun xeito bárbaro a de por si luminosa Compostela.

Pero en calquera dos casos é absolutamente repudiable, e ven poñer de manifesto a situación de desamparo do noso patrimonio colectivo, tanto monumental como artístico, museístico ou popular, exposto a calquera tipo de agresións sen que materialmente sexa posible organizar unha defensa e protección a priori para poder transmitir ás xeracións vindeiras as xoias que temos herdado dos que nos precederon.

Os poderes públicos, xunto cos propietarios ou ostentadores da custodia dos obxectos de arte, teñen que organizarse para a defensa do que é propiedade de todos. E poñer toda a forza e toda a fe na defensa do valor supremo, a Arte, que a todos nos representa, nos afecta, e nos doe.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES