Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A festa dos chícaros

viernes, 15 de enero de 2016
Este fin de semana celebra Foz nova edición da que é tradicional festa dos chícaros á que dende o concello se aplica o nome exótico de “berberecho”. Ocurre, que nós saibamos, que só na vila focega recibe aquel nome; en cantas indagacións levamos feito non atopamos outro lugar onde se chame igoal, aínda que por Galicia adiante son varios os apelativos que se lles aplican : berbericho, croque,cuncho,crica, caralleta, berberechiña, carneiro… e, unha vez mais, nos preguntamos por qué só os de Foz nos voltamos depredadores do que forma parte da nosa tradición e da cultura popular querendo borrar do mapa da linguaxe entrañable do pobo unha expresión que nalgunha medida nos distingue e singulariza …?

Foi o ano 1984 cando en Foz se celebrou por primeira vez a festa, organizada por a A.C.I. A.; evidentemente dende o respecto a canto de cultural e costumista ten o feito, eminentemente popular.

O cronista non pode por menos que alzar a voz ante unha actuación á que non lle descubre a razón de ser e significa unha agresión- unha mais- á historia do noso pobo, humilde pero merecente de respeto e consideración, máximo daqueles que teñen a obriga, voluntariamente contraída, de velar polos intereses colectivo, materiais e inmateriais, da cidadanía. Foron precisamente éstes os que a iniciaron hai algúns anos e ninguén a rectifica. As cousas ben feitas deben prevalecer…

Defínese o chícaro como molusco bivalvo de uns catro centímetros de longo e cunchas estriadas case circulares. Críase nas costas do norte penínsular e cómese crú ou guisado.

O prestixoso xornalista e gastrónomo Jorge Víctor Sueiro, que tantas veces os degustara nas nosas tabernas, no libro “Manual del Marisco”, dí:” Existe la creencia muy extendida de que estos mariscos favorecen la vena amatoria del que los consume. Ponen en situación; ayudan a ese punto de enervamiento que precede al placer de la pareja humana…. Pero es que este cachondeillo lo lleva incorporado a alguno de sus nombres gallegos, ya que “crica”, ”berberichiña” o”caralleta” son sustantivos que afectan a zonas erógenas de la mujer”.

“Lo que sí es cierto - dí Sueiro,- es que crudos están riquísimos, ya que su sabor es a la vez sustancioso y muy marinero. En empanada, si puede ser de maíz, mejor, y con arroz también están de chuparse los dedos….”

Esta adición do chícaro contará con pregoeiro avezado e carismático home do mar: Moncho de Chila, fondo coñecedor do mundo mariñeiro que enmarcou desde as orixes a súa existencia e hoxe, xubilado, segue a ser motivo dos seus anceios. O poeta francés Baudalieur dixera que “o home libre sempre amará o mar”.

(Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES