Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Somos optimistas

jueves, 14 de enero de 2016
Se un día perdémo-lo optimismo, estamos listos para claudicar.
As persoas de boa vontade nunca podemos perde-lo optimismo.

Temos recursos suficientes para ser optimistas por moitas razóns:
-Porque temos unha vida que desenrolar segundo a nosas capacidades e circunstancias persoais.
-Porque somos persoas que temos uns valores que merecen defenderse con tódalas nosas forzas.
-Porque estamos convencidas da capacidade que ten o ser humano para avanzar cara a un futuro mellor.
-Porque: QUERER É PODER e, NÓS QUEREMOS.
-E porque nos arriscamos a loitar pacíficamente aportando o noso grao de area é graneiro da Humanidade.
-E por outras moitas razón persoais e intransferibles.

Desde que chegamos a este mundo, temos que enfrontarnos a un sen fin de problemas, primeiro da man dos nosos proxenitores e logo xa imos pola vida sós.

A vida preséntanos novos retos cada día, pero unha de dúas: “OU OS SUPERAMOS, OU NOS SUPERAN”•
¿Qué será mellor?

Vostede, igual que min, atópase cada día con persoas con coraxe que non se renden ata acadar aquelo polo que loitan.
-¿Por qué non se renden?
-Porque SON OPTIMISTAS.

A maioría das persoas temos uns valores moi claros polos que loitar, e loitamos.Loitamos con tódolos medios ó nosos alcance
¡Cantas persoas chegaron moi alto a partir da nada!
Seguro que vostede coñece moitas, ou quizais sexa unha delas. ¡Noraboa!
Eu tamén coñezo moitas e tamén me sinto orgullosa –dígoo con toda a humildade que son capaz- polos meus progresos, sencillamente porque fago todo o que podo..

-¿Por qué será?
-Porque TEMOS ESPERANZA.
-Porque SOMOS OPTIMISTAS.

Tamén coñecemos algunas persoas que din:
-“Eu non podo”
- “Eu non sei”
- “Eu non me atrevo”
- Etc, etc.

Pero se conseguimos “pinchar o seu amor propio”. Se conseguimos motivalas…
-¿Qué ocorre?
-Que nós mesmos nos sorpredemos da capacidade que agochaban aquelas persoas que dicían que non valían, non podían ou non se atrevían.

A veces cómpre que nos dean un empuxonciño para botarnos a andar.
¿Coñece vostede algún caso?
Eu, si. Estoume sorpendendo día a día do que somos capaces de facer cando nolo propoñemos, cando inxectamos unha boa dose de optimismo á vida que nos toca vivir.
Moitas veces oín dicir que:
“O que non se arrisca, non paso o río”.
É ben verdade.
¡Cantas veces vemos obstáculos onde non os hai..!
Lembro a primeira vez que me montei nun teleférico:
-¡Víao tan alto!
-¡Tan colgante!
-¡Tan inseguro…!
Costoume moito tempo decidirme e a piques estiven de non facelo; pero –se non subía- quedábame soa e tiven que arriscarme.
Costoume o meu, pero a partir daquel momento, perdín o medo e nunca más perderei a oportunidade cando se me presente a ocasión.

Tamén levei un medo de morte cando me subín a unha montaña rusa desas de máxima envergadura, das que dan voltas e reviravoltas.
E aquí estou.
O principal obstáculo para acadar aquelo que nos propoñemos, é o medo.

Temos que arriscarnos por todo aquelo que nos fai a vida máis digna, por todo aquelo que nos enriquece, por todo aquelo que nos fai máis persoas.
¿E vostede unha persoa arriscada?
¿Ou perdeu algunha boa oportuinidade por falta de valor?

Seguramente tería ocasións para todo, como nos pasa á maiorá dos humanos; pero “POUCO A POUCO, CHÉGASE LONXE”. Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas polo seu optimismo.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES