Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santos profilácticos e curativos (3)

jueves, 14 de enero de 2016
Símbolos naturais
1. Auga
1.1. A auga das fontes santas

No Santuario do San Alberte (San Breixo, Guitiriz) algúns devotos levan en botellas auga da «fonte do Santo» para botala nas hortas e estábulos cunha doble finalidade: acadar boas colleitas e previr doenzas de animais.
No Santuario do San Bento de Palermo (Baldomar, Begonte) aínda hai romeiros que levan en botellas auga da «fonte do Santo» para as súas casas cunha finalidade profiláctica e benéfica de todo o que abrangue a facenda.

1.2. A auga do Sábado Santo
O Sábado Santo durante a Vixilia Pascoal, os párrocos, que dirixen as diferentes freguesías lucenses, bendicen a agua, que se encontra depositada normalmente nun ou máis recipientes. Ao rematar o acto litúrxico, un bo número de fregueses de cada comunidade leva para cadansúa casa a agua bendita, usándoa de diferentes xeitos: para a administración dos Santos Óleos, cando sexa preciso; como símbolo protector da casa, campos e cortes do gando de cara a aqueles axentes externos á comunidade, que poidan producir diferentes alteracións de signo negativo. Esta práctica ritual segue utilizándose na meirande parte das comunidades parroquiais galegas. «Nenos e mulleres acoden á eirexa por recoller unha pouca de auga que gardan en pías de auga bendita pra barrufar co ela, casas, campos e cortes co fin de alexar maleficios...». Pola súa parte, Lisón Tolosana manifesta «que en muchas aldeas,el día en que el párroco bendice el agua -casi siempre en Sábado Santo-van las mujeres a la iglesia con recipientes que llenan y guardan en casa. Los usos y fines de la misma son múltiples». Asi mesmo, «a botella de auga bendita o día de Sábado Santo traése para a casa, onde se garda e serve para bendecir e purificar a casa, a xente, as cortes, e aos animais...».
A auga bendita é un poder benéfico que se emprega para preservar á comunidade parroquial daqueles axentes negativos -climatoloxía adversa, entes maléficos- que poden alterar a súa orde. Equilibra os antcomunidade parroquial.

2. O Lume
Na véspera do San Xoán veciños dalgunhas parroquias da Chaira colocan nas ventás, e portas das casas «milicroques» (estalotes) como medida profiláctica e preventiva ante calquera axente maléfico, que puidese alterar a facenda. Tamén, pola mañá cedo do día 24 de Xuño (festividade do San Xoán) facíase pasar aos animais domésticos: cabras, eguas, ovellas, vacas e xatos por riba das cinzas da fogueira, feita na noite anterior, como medida profiláctica da cabana animal. Este ritual faise extensivo a outras code Galiza en xeral.

3. A Terra
3.1. A terra do San Alberte (San Breixo, Guitiriz)

No interior do santuario do San Alberte (San Breixo, Guitiriz) había ata hai uns cinco anos unha pequena cavidade de forma rectangular e pouca fonda, emprazada na parte inferior do muro dereito. Esta, días antes da festividade, énchíase de terra, que era bendicida polo crego encargado do santuario. Algúns devotos collían terra desa cavidade e levábana canda eles en bolsas para as súas casas, onde a botaban en terras de labranza, cortes e cortellos, coa finalidade de que os animais non sufriran ningún dano e que as terras desen boas colleitas. Un ritual con certas semellanzas ao descrito tiña lugar no santuario de Santa Mariña de Coucieiro (Muxía, A Coruña), onde os devotos levaban para as súas casas terra recollida nos arredores do santuario que se empregaba logo nos estábulos cunha finalidade protectora.

3.2. Os ramallos de teixo de Conforto (A Pontenova)
O día 8 de setembro, festividade da Virxe de Conforto (A Pontenova), hai devotos que traen para as súas casas uns ramallos de teixo, daqueles que se atopan no adro da igrexa parroquial, e conservanos ata que se deterioran como prevencio abrangue a facenda: terras, animais, e humanos.

Preto do santuario do San Estevo en San Cosme (Barreiros) hai unha fraga, que leva o nome do santo, na que algúns romeiros o día da festividade -o primeiro fin de semana do mes de xullo- cortaban varas das árbores, que alí se atopaban, e levábanas para as súas casas, usándoas preferentemente co gando vacún. Actualmente aínda hai mostras deste ritual, que presenta certo paralelismo co dos santuarios ofrecidos ao San Xurxo, onde os devotos pasan pola imaxe do santo unhas varas parecidas ás que utilizan para conducir o gando.

3.3. As espadanas
A espadana é una planta vivaz dun a dous metros de altura, talo arbustivo e follas lineares, chás, que sobrepasan ó talo. Amosa espigas, contiguas ou apenas espaciadas. A espiga é cilindrica, de dous a tres cm. de diámetro, de cor pardo escura, e o estigma lanceolado-espatulado. Florece entre xuño e agosto e se cría en zonas do litoral, en cañaverais de ríos ou lagoas.
O uso de espadanas aínda é común nalgunhas comunidades galegas «Pro paso da procesión enfeitaban as rúas. O costume actual de botar no camiño da procesión fiuncho, espadanas, follas e frores, era empregado xa entón, e antes con seguranza...».

Antano, tanto na celebración do Corpus como doutras festividades, poñíanse polos adros das igrexas da provincia espadanas e outros vexetais, que quedaban sacralizados ao paso das diferentes entidades sagradas. Isto motivaba que algúns fregueses, ao rematar a procesión, adoitaban levar para as súas casas algunhas espadanas. Estas colocábanse nalgún lugar das casas e dependencias anexas como cortes, estábulos, cunha finalidade protectora ante todo aquilo, que puidese causar algún dano á facenda familiar. Este ritual seguíase utilizando ata hai ben pouco tempo nalgunhas freguesías dos concellos de Begonte, Outeiro de Rei, Friol, Portomarín, con motivo da conmemoración do Corpus.

3.4. As cruces de loureiro
Antano, o Venres Santo, día no que se venera á Santa Cruz, bastantes fregueses de moitas comunidades da provincia e doutras veciñas, construían cruces con loureiro bendito o Domingo de Ramos. Logo, o tres de maio, día de exaltación da Santa Cruz, denantes de saír o sol adoitaban llevar as cruces a aquelas fincas, que foran sementadas de trigo ou centeno.
A cruz é o símbolo que protexe as colleitas non só dunha climatoloxía adversa -como treboadas, pedrazo, xeadas, etc...-, senón tamén de todos aqueles axentes maléficos, que puidesen transitar pola comunidad parroquial. Na actualidade, puiden comprobar como aínda quedan pervivencias deste ritual en diferentes parroquias dos concellos de Begonte, Friol, Guitiriz e Vilalba, non eludindnoutros concellos da provincia.

Esta práctica ritual queda reflectida tamén noutras comunidades galegas. «Los sebos de loureiros, muros vegetales que protegían la intimidad del centro doméstico, eran los que proporcionaban las ramas que se llevaban a bendecir a la iglesia el Domingo de Ramos... y que después‚ servían para confeccionar, el día de la Santa. Cruz, cruces para colocar en las leiras, y ante la puerta de la casa». Os chamados deuxes da vegetación, as máis das veces están simbolizados baixo a forma de árbores. Cómpre lembrar a aciñeira sagrada de Zeus en Dodona, o loureiro de Apolo en Delfos, a oliveira silvestre de Herakles en Olimpia. Polo tanto, a fecundidade e a saúde están concentradas nas herbas e nos árbores.

3.5. O ritual da bendición dos campos
Na vila de Portomarín, remata o ciclo de maio o primeiro domingo de xullo coa celebración da Santa Isabel. Esta festa foi descrita polo profesor Gonzalo Paz do seguinte xeito: «Una fiesta un tanto curiosa es la de Santa Isabel, por la tradicional costumbre de adornar las puertas y ventanas de la planta baja de las viviendas con grandes ramas de árboles, sin que hayamos podidos averiguar el origen de esta vieja costumbre, que no hemos observado en otros lugares de Galicia, y probablemente se trate de la cristianización del remoto culto al árbol practicado por los celtas, ya que este día es también conocido por el de «a festa do folleto».
No novo Portomarín esta tradición foi recuperada polo concello a mediados da década dos oitenta. O día da festividade, moi cedo, un importante número de veciños da vila vai recoller as ramas de diferentes árbores: bidueiro, ameneiro, chopo e salgueiro, coas que ornamentan as portas e ventás da planta baixa das casas, que están situadas ó longo da praza do concello e da rúa principal. Tamén colleitan fiúncho e espadanas para enfeitar o pavimento da praza e da rúa central, por onde vai pasar a procesión. Esta, logo da misa do mediodía, sae da igrexa parroquial, vai ata o remate da rúa principal e retorna ó punto de partida. A distribución dos diferentes elementos, que interveñen nela, lévase a cabo da seguinte maneira:
1º. Tres fregueses da comunidade parroquial, normalmente rapaces, portan a cruz parroquial e dous ciriais.
2º. Catro devotas da vila levan nas andas a imaxe de Santa Isabel.
3º. Como remate, o párroco da vila acompañado dun bó número de devotos, colocados sen distinción de idade e sexo. Ó final da rúa maior está colocado un pequeno altar, provisto dunha pequena imaxe de Cristo e algunhas flores, que ornamentan dito espazo. Alí o párroco leva a cabo a bendición dos campos, rezando a seguinte oracion:

Deus providente / pai de todos / preocúpase garimosamente / polos seus fillos / mantenos e protexeos / bendicindo a terra / para que desa os froitos / que sustentan ó home./ Invoquémolo / con espírito filial / dicindo: / Escoitanos Señor//... / Ti que bendice-la terra / e a enriqueces sen medida / fai que os nosos campos / coa túa bendición / produzan alimento / que precisamos /. Escoitanos Señor//.../ Ti que multiplica-lo trigo / co que nos da-lo / noso pan de cada día / e o alimento da Eucaristía / concédenos colleitas abondosas / co rocío do ceo / e a fertilidade da terra/ Escoitanos Señor//...
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania