Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Os Vilares, Lareira de soños' convírtese en asociación

martes, 12 de enero de 2016
O proxecto multidisciplinar Os Vilares, Lareira de soños, rexistrará esta semana os estatutos e acta de constitución en asociación. Co nome de 'Os Vilares, Lareira de soños' convírtese en asociaciónAsociación Socio-Cultural Lareira de soños, será apresentada a documentación no rexistro xeral da Xunta de Galicia.

Unha vez rematado o procedemento legal, a Asociación convocará unha asamblea aberta constituínte para a elección da primeira xunta directiva saída desa asamblea, xa que a actual, composta por Pastora Veres, Luz Campello, Antón Tenreiro, Adriana Quijada, Mar Beres e Xelo Teijido, responde únicamente a esixencias burocráticas para o inicio do proceso de constitución legal.

A asociación seguirá a traballar na liña iniciada de edición do libro dos Vilares de Pastora Veres, o documentario sobre a parroquia de Cibrán Tenreiro, o premio anual de Trapeir@ de Honra, así como as demandas de recuparación do patrimonio, e historia vilaregos e a organización de actividades, eventos e traballos de todo tipo relacionados coa arte, a cultura, a etnografía, antropoloxía e promoción dos Vilares na contorna e en Galiza.

Manteremos e multiplicaremos a actividade creativa da NPG Nova Poesía Guitirica nascida no seo do noso proxecto e colaboraremos con institucións e entidades sociais e culturais naquelo que beneficie positivamente á parroquia, ao concello de Guitiriz, á comarca da Terra Chá e a Galiza, ás que pertencemos.

O feito de constituirnos en Asociación Socio-Cultural Lareira de soños, non é máis que consolidar un proxecto que foi medrando desde o ano 2014 no que comezou e que veu para quedarse.

Con grande éxito nas redes sociais, con máis de 1100 seguidores no canal de facebook, paxina web, twiter, canalnde Youtube que arredor de 70 videos, numerosas colaboracións personais, variadas actividades, e todo realizado sen recursos, garanten o éxito deste proxecto que conta co máis importante, que é o traballo comunal e desinteresado de centos de persoas que nos apoian.

A promoción do rural e o orgullo das orixes, son o motor de todalas iniciativas deste proxecto que pretende convertir a nova Asociación nun motor de participación para iniciativas e actividades que revitalicen as parroquias coa referencia da tradicción e proxectandose ao futuro. Proxectos e iniciativas que atoparán en nós apoio e colaboración e que terán sempre as portas da nosa asociación abertas para sumar.

Iniciase pois unha nova plataforma que buscará sinerxias positivas de colaboración con todo aquelo que sume na revitalización do rural e da nosa identidade colectiva.

A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños, comenza pois, desde a próxima semana unha ilusionante andadura que enriquecerá no social e no cultural ao concello de Guitiriz e á comarca Chairega, cunha concepción aberta, participativa, transparente, galega e positiva.

Grazas a tod@s por adiantado.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES