Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Poñámonos a falar de Madrid

miércoles, 20 de septiembre de 2006
Na canción de Sabina, falar de Madrid é falar de todo un mundo, coas lóxicas angurias e ledicias, coas mancaduras e os enfeites dunha gran cidade onde pasa case todo, onde o persoal desaparece engulido pola masa e o xigantismo da capital.

Madrid segue a ser o centro das Españas, a pesar de tódalas competencias perdidas, a pesar da descentralización, do nacemento de outros poderes... Madrid segue a ser o corazón que fai notar por igual o seu latexar no medio millón de kilómetros cadrados que goberna.

Está Madrid –o Goberno– a redactar un documento vital -O Plan Lacteo- que a Madrid –Comunidade- practicamente non lle importa, e para o que non se escoita ós verdadeiramente afectados –os galegos– porque se se nos escoitara non tería que sair a máxima autoridade de Galicia –O Presidente da Xunta – a opoñerse sobre o papel, sinal de que en outros foros non se lle atende.

Unha nota do Gabinete de Comunicación da Xunta sinala que o Presidente, Emilio Pérez Touriño, estima que o novo Plan Lácteo, actualmente en discusión, debe ser modificado para que Galicia poida aceptalo.

O Goberno galego reclama que se establezan en todo o trritorio os mesmos requisitos para acceder á cota de producción dispoñible por abandono, e que se prime a súa distribución favorecendo ás pequenas e medianas explotacións.

Na mesma nota sinálase que o Presidente confía e agarda que se acheguen posicións nas negociacións que se están a manter co Ministerio de Agricultura e Pesca.

Diante deso hai que preguntarse ¿qué nivel de contactos hai co Ministerio por parte da autonomía coa máis importante cabana gandeira de España?. ¿Qué saben en Madrid de leite que non preguntan ós que o producen?. ¿Qué nivel de autonomía temos en relación cos temas máis básicos se para o tema do leite levamos varias semanas discutindo cuestións que parecen básicas, de ensino xeral básico.

Xa non sabemos se hai que falar con Madrid ou de Madrid. O que sí sabemos é que Madrid moitas veces parece estar xordo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES