Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A delincuencia comeza nos colexios

martes, 19 de septiembre de 2006
Sempre houbo acoso escolar, o que pasa que non se lle prestaba atención, ou alomenos non se lle prestaba a atención que agora se lle presta.

Do mesmo xeito que sempre houbo violencia de xénero, o que pasa é que entón non só non se coñecía o concepto senón que existía unha triste filosofía de primacía física e dominación efectiva do máis forte sobre o máis débil, acreditada aínda que fóra pola contraposición no refrán de que “A muller que pega ó home, fai ben se pode”.

Algúns rapaces foron, de sempre, problemáticos nos colexios, do mesmo xeito que algúns rapaces, de sempre, tiveron problema nos colexios. Rapaces, normalmente. O das rapazas debe ser algo moderno.

É tremendo ter que recoñecer que algo máis do vintedous por cento dos rapaces galegos sofren acoso escolar, segundo un estudio do Instituto Cisneros. Ou, o que é o mesmo, o vintedous por cento dos rapaces galego sofren delincuencia dos delincuentes que, xunto a eles, se están a formar nos centros educativos do País.

O estudio ven concluir que arredor do sesenta por cento dos acosadores cometerán un delito antes de cumpri-los vintecatro anos. Evidenciando que o acoso é toda unha escola de delinquir que non fai máis que reforzar o ego e o modus operandi dos acosadores.

Nesta tarefa ninguén pode declararse ignorante ou alleo, porque a todos nos corresponde investigar, previr e solucionar. Primeiro, os pais, xa que os acosadores son rapaces a menudo desatendidos, frustrados, violentos... E ninguén mellor ca os pais para detectar estes síntomas. E logo os profesores, que conviven cos alumnos máis ca os proxenitores e están posiblemente máis formados para detectar e combatir estas conductas delictivas.

Poucas veces tivemos máis claro que a delincuencia comeza nos colexios. En bandexa temos – pais e educadores – a posibilidade de poñer remedio ó acoso presente e a boa parte da delincuencia do futuro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania