Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

sábado, 09 de enero de 2016
Máis bombo á frase. Vinte e un graos na cafetaría. Fóra chove. Leva toda a mañá chovendo. Case é lei de vida. Porque estamos no inverno. O de case é porque hai unha seca de mil pares de narices. Practicamente todo o 2015 sen chover. Un par de esaxeracións: a de mil pares de narices e a de todo o 2015. Menos pares de narices e máis auga que a dita no ano pasado. Pero sempre é bo esaxerar un chisco. Dáselle, algo así, como máis bombo á frase. A esaxeración ben sendo como recalcar algo que queremos que chegue á xente. Aínda que pola metade do camiño che digan “que besta”. Tamén hai que saber deixar caer as esaxeracións. Se as deixas caer así, con fantasía, con alegría, a xente acéptaas mellor que se as deixas caer con cara de vinagre ou cun rápido pestanexo de ollos. Ese movemento delata. Penso eu. Ó mellor erro. Aínda que case non erro nunca. Vedes, esta é unha esaxeración de presumido e que non cre ninguén. Porque o ser humano erra sempre. Máis de dúas veces e de tres. Se non a que vén a expresión: tropezou na mesma pedra. Tropezamos, enfociñamos e, de parvos, volvemos pasar por alí. Ata esaxeramos os nosos erros. Sabemos que os cometemos e esaxerámolos outra vez.

Á VELOCIDADE DA LUZ

Empezo a entender que Fernando Alonso non sexa tan rápido nos circuítos da Fórmula I. Nin tan sequera Louis Hamilton. Machiños, non hai como o camaleón! Que acelera a súa lingua de 0 a 100 nunha centésima de segundo. Deus, é que nin tempo dá vela! Zas! Xa está. Aquí te pillo, aquí te mato. Perdón, aquí te trago. Imaxinade que fose un asasino a soldo. Nun santiamén non deixaría candea acesa. Sinceramente, é que nin tempo hai de dicir zas! A 100 nunha centésima de segundo!
Case, case algo moi semellante ós nenos no momento de abalanzarse sobre os agasallos dos Reis Magos. Empezan cunha caixa e, á velocidade da luz, xa están abrindo o segundo paquete, e o terceiro, e o cuarto, e así ata dez. Porque os nenos españois recibiron unha media de dez agasallos polos Reis. Pensade agora un chisco: moitos recibiron 20 ou 30; porque sabemos perfectamente que tamén habería moitos que non levaron ningún. Unha pena. Nin tanto, nin tan pouco. Xa podía o camaleón roubarlle, á velocidade da súa lingua, algún agasallo a eses que lles sobran para os que non teñen.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES