Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

jueves, 07 de enero de 2016
Radiando o que pasa. Chove. Hai fútbol pola televisión. Escribo. Estou completamente só na cafetaría. Nin está a camareira, que está metida na cociña. A través dos cristais vexo como pasan os coches pola rúa. A boas velocidades. Normal que haxa atropelos. Entre o descoidados que somos uns e regotados os outros, logo pasa o que pasa. Non temos ningún respecto polo ser humano. Ningún.

Chove. Vai aire. Xa anunciaban temporal. Aquí non estamos na costa. Pero, quéirase que non, os restos dos naufraxios sempre chegan. Unha parella de mulleres senta na terraza. A ver!, o día non está para terrazas; pero o vicio é moito. O do tabaco, claro. O de fumar, por suposto. Entrou unha das rapazas. Para pedir uns cafés. A camareira non as vira porque seguía na cociña. Ía avisala eu pero xa vin entrar á rapaza e calei. En boca cerrada non entran moscas.

Chove. Descanso no partido que televisan. Sen ambiente nas beirarrúas. Normal; coa tarde que está. De cando en vez é bo radiar o que pasa ó meu arredor. Radiei. Punto final.

FACER XEITO

Se che fai xeito, cando chegues ó cruce das Pedradarcas, colle cara á esquerda e achégate ata as Lagoas para botarlle unha ollada ós castiñeiros que plantei na miña finca, díxolle Odilo Servidor Deus a Pársifal Lenda Lendoiro, é que teño medo que os corzos ou os xabarís fagan das súas e acaben con eles. Odilo era nugallán e custáballe incluso dar un paseo ata a leira, polo que estaba sempre atento a ver se pillaba a alguén iniciar o paseo pola carreira da Lama. Tan axiña como vía ó paisano ou á paisana berráballe e dáballe o recado da primeira frase. Sempre usaba a expresión “se che fai xeito”. Incluso ás veces collía ós cativos e, ale: Se che fai xeito, átame esta chanca; se che fai xeito, mira alí a ver se vén alguén; se che fai xeito mércame uns plátanos no súper que despois xa chos pago. De quen máis botaba man era de Pársifal, ó que lle chamaba Paisa, porque o de acentuar Pársifal non lle ía nada ben. Usaba a Paisa para todo, porque eran como uña e carne (aínda que ás veces tamén eran coma o can e o gato) e, claro, a súa nugalla era a culpable de que abusase del. Se che fai xeito, quítame aquí estas pallas...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES