Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Emprendelo con ganas

jueves, 07 de enero de 2016
Estamos empezando un novo ano.

Somos uns afortunados.
Aínda estamos aquí.
Outros xa non teñen esta oportunidade, nós si.
¡Que sorte a nosa!

O primeiro que deberíamos celebra nada máis empezar un ano, sería o feito de vivir.

¡Viviir! ¡Viviiir! ¡Viviiiiiir!

¡Que regalo máis bonito!
O primeiro necesario para vivir é a propia vida, pero a vida regálasenos para convivir.

¿Ou non?

¿Que faría unha persoa soa no mundo?

Afortunadamente vivimos en comunidade.
Vivimos nun determinado lugar do mundo onde temos que realizarnos como persoas.

Cada persoa realízase segundo as súas circunstacias e os seus intereses.
Fagamos o que fagamos, precisamos forzas.

¿Cómo estamos de forzas?
Pode que algo cansados …
¿Ou non?
En calqera caso temos que empezar a cumplir novos retos, novas promesas, novas ilusións, novos proxectos…

-Os estudiantes, os pais de familia, os comerciantes, a industria, a agricultura, a gandeiría, os mariñeiros, os doentes...

Todos, absolutamente todos estamos dispostos a emprender este novo ano con moitas ganas:

-Moitas ganas de cumpri-los nosos obxectivos.
-Moitas ganas de cumpri-las nosas metas.
-Moitas ganas de superármonos.
-Moitas iliusións na nosa lista…

A ilusión nunca pode decaer.
A ilusión é un bo motor que tira de nós naquela dirección na que temos posto o noso corazón.
A ilusión é fonte de vida.
Sen ilusión non se pode vivir.

Hai que ter sempre “in mente” novos proxectos indepedetemente da situación na que nos encontremos.
A ilusión levámola na nosa mente ata a sepultura, igual que o xenio e maila figura.

Precisamos ter moitos soños que cumplir.
Vivir ilusionados é o mellor que nos pode pasar.
Hai quen di que de ilusións tamén se vive.

Eu quero ter sempre algunha ilusión na miña mente.
Quero pensar que aínda me quedan moitas cousas que facer, moitas vivencias que compartir, moitos anos de vida…

¿E vostede?

¿A vostede non lle pasou que –grazas a ter acesa unha ilusión- conseguiu unha morea de cousas ó longo da súa vida?

¿Verdade que se sorprendeu e tamén a moitas outras persoas?

¿Verdade que merece a pena ter ilusións en proxecto?

¿Cal é o proxecto que ten na súa mente neste momento?
Supoño que ten moitos.

As ideas son as que moven o mundo.
A nosa mente ten unha capacidade enorme para crear novas ideas, novos proxectos, novas realidades.

¡Deixémola traballar!

-Deixémola traballar para correxir erros cometidos no pasado.
-Deixémola traballar para facer a vida máis feliz ás persoas que nos rodean.
-Deixémola traballar para buscar novas fórmulas para ser felices.

Temos diante un novo ano.

¿Qué lle parece se imos enchendo día a día de novos proxectos?

¿Reservamos un espazo para a creatividade?

¿Qué lle gustaría conseguir este novo ano?

A min gustríame que reinara a paz no mundo e por esa razón vou intentar ser máis tolerante que nunca.

Confío que este ano nos dea gratas sorpresas.

Gratas sorpresas e grandes gozos producidos por cousas pequenas da vida de cada día:

-Un paxariño que alegra a mañá:
¡Músca celestial!

-Un gato que toma o raiolo no tellado:
Calma e serenidade…

-Unha cheminea que fumega:
Calor de fogar.

-Un viandante que camiña lixeiro ou lento:
Maxia da vida.¿Para onde irá? ¿Que pensará?

-Unha mirada cómplice:
Alguén que te aprecia, está de acordo contigo.

-Un aloumiño:
Manifestación de tenrura.

-Un saúdo amable:
Cortesía, cariño, boa convivencia, alegría do encontro...

-Unha prenda abrigosa nun día de frío:
¡Qué gusto!

-Un raio de sol que quenta o corpiño:
Saúde para os ósos.
Benestar corporal.

-As muxicas do lume na lareira un día de inverno:
Coro de bailarinas incansables que alegran a vida.

-Un manxar apetitoso feito con amor.
Alimento para o corpo e aloumiño para a alma.

-Unha poesía que toca as fibras da alma.
Arte.

-Unha canción que trae á mente gratos recordos.
Tempos aqueles…

-Unha valiosa amistade.
Eso xa non ten prezo.

-Un posto de traballo:
O pan garantizado para ti e para as persoas que máis amas.

-Unha conversación enriquecedora:
Riqueza para a mente e descanso para a alma.

-Un acto de solidariedade.
A satisfación de poder dar ou recibir.

-Un pequeno/gran progreso…
O bebé que se bota a andar.

-Unha enfermidade superada.
¡Saúde recuperada!

-Unha chamada amiga:
¡Que ilusión!.

-Unha ducha no momento que máis se necesitaba.
¡Relaaax! ¡Que alivio!

-A mirada tenra dunha mascota:
Amor puro.

-Unha compra ou unha venda:
Riqueza en circulación.

Infinidade de cousas, vivencias, emocións…

Todas ó noso alcance para facernos a vida feliz.

Esperamos un 2016 moi promtedor.
Por eso o emprendemos con moitas ganas.
Somos optimistas.

“SOMOS OPTIMISTAS”

Este será o título do vindeiro artigo.
Grazas por estar aí e terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES