Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chicho Sánchez Ferlosio e a división de poderes

miércoles, 06 de enero de 2016
Estes días de Nadal aproveitei horas de lecer para indagar nos universos dos cantautores.

Desta volta fixen unha escala ben grata no de Chicho Sánchez Ferlosio que debeu ser home de gran corazón tendo en conta a diversidade de amigos que o lembran docemente.

O caso é que atopei unha canción súa que fala da división de poderes e de como a rodeira do tempo a foi distorsionando. dinos Chicho: "el segundo acalló al primero, amarró al tercero y al cuarto no". Van alá 12 anos da súa morte e determinadas cancións parecen feitas hoxe. Especialmente esta na que cuestiona a interpretación actual da bendita proposta de Montesquiau. Vivimos nun sistema que se intenta tecer en maiorías de silencio acalando e amarrando ao pobo sobre a base da linguaxe das furnas. Cada 4 anos as furnas elixen quen fai e desfai e xa está.

Cos verso de Chicho teño unha discrepancia e é que empezo a percibir certo amarre do cuarto, xa que os medios teñen dono e tenden a xerar estados de opinión cara un ou cara outro lado...

En todo caso a canción levoume a pensar que estes tempos son bos para repensarnos, para imaxinarnos o que queremos ser, como queremos ser e reinventarnos tendo en conta que a democracia baséase tanto na acción dialóxica como na independencia dos poderes.

Agora que o pobo ten voces discrepantes, quizais poidamos pensar como facer un país a altura de todas as ideas. Só así se xestan os futuros verdadeiramente colectivos.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES