Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Éxito da Big Band de Foz

Fernández, Suso - miércoles, 06 de enero de 2016
As pasadas xornadas do Nadal foron en Foz pródigas en actuacións musicais de diversa índole e tamén dende distintos escenarios e mesmo na rúa que casualmente leva o nome dun dos mais insignes e prolíficos músicos da nosa terra, senon o que mais: o lugués Xoan Montes, que para a súa groria imperecedeira abondaríalle con ser, como é, o autor de “Negra Sombra”.

O ciclo musical tivo o epílogo no concerto que o pasado domingo ofreceu na sala do Cenima a xove Big Band (sinónimo de “Orquesta de Jazz”). O público que enchía o local disfrutou da audición dunha música pouco prodigada en concerto, que aparecera polos anos trinta do século pasado e que tivera o seu máximo esplendor entre as décadas 40 e 70 do mesmo, que creou pezas inesquecibles das que foron autores nomes imborrables da historia musical e que autores e obras acadaran grande popularidade: o cubano Pérez Prado (O rei do mambo), Louis Amstrong que nado e criado na mais absoluta pobreza; de adulto, cantante de soa mundial, voltouse importante apoio financiero de Martín Luter King e outros loitadores polos dereitos civís, feito que levaba con grande discreción pois non quería que se mesturase a súa función artística coas ideas políticas; Glenn Miller, ou o catalán Xavier Cugat, personaxe singular que se fixera moi popular pola súa teima de dirixir a orquestra sempre con un can Chiguagua nas mans e tamén pola beleza das femias que a cotío o acompañaban: a derradeira fora a explosiva cantante Abbe Lane.

Títulos coma: “Cerezo Rosa”, “Rico Mambo”“,”Mambos” nº 5 e 8, “Perfidia”, “Siboney”, “Serenata a la luz de la luna”, “Guantanamera”,“Pensilvanya 6.5000 “ ,“El Cumbanchero”e outras de igual feliz recordo, a cuxos ritmos bailaron xeracións de xoves de todo o planeta, entusiasmaron a un auditorio numeroso que, ó remate premiou á ducia de intèrpretes da escola do mestre Arcadio Mon , compoñentes da Banda de música de Foz, con un longo e afervoado aplauso que expresaba a satisfacción por tan grata velada musical.

(Suso Fernández é cronista oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES