Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As nenas do Rei Baltasar

miércoles, 06 de enero de 2016
Para o amigo Xulio Xiz e aquelas nenas.

Eran tempos en que os Reis Magos, baixaban das estrelas e montaban nos camellos aló polo Oriente. Algúns din que a data era polo Nadal, sabedores eles de que nun berce de Belén a virxe María alumara un Neniño, tan tenro e garimoso, o Neno Deus, que nada na vida poidera admitir comparanza. Contan tamén que o verdadeiro própósito daqueles fantásticos Reis era servi-lo Neniño, adorándoo primeiro, e logo estar á súa disposición para o que mandara.

Así que camiñando polas dunas de area do deserto camiñaron e camiñaron, non sen fatigas, ata chegar ó castillo de Herodes para preguntarlle onde se atopaba. Máis Herodes, que era un mentireiro, temendo ser destronado polo Neniño recén nacido, engañounos e mandou perseguir a todo-los nenos pequerrechiños.

O certo é que os Reises seguiron o camiño dunha estrela, que agora chaman cometa, e atoparon o portal, aquel cinco de xaneiro do ano I, un portal que non era outra cousa que unha corte ou cortello, onde una mula e un boi alentaban ó Neniño daquela María, muller do pobre carpinteiro Xosé, quenes sofrían en silenzo o dolor de fuxitivos.

Contan os mesmos historiadores que os Reis, cando viron tanta pobreza, lle brindaron ouro, incienso e mirra, que eran os símbolos das riquezas máis importantes daqueles tempos.

Todo isto é Historia que a maioría oístedes moitas veces, pero o que vos vou a contar agora é outra historia, tan certa como a anterior, pois son testigo directo.

Hai moitas versións do que falaron os reis có Neno naquel encontro. Ata hai quen dí que un neno tan pequeno non fala, pero iles non saben que os nenos falan cós ollos, cós xestos e ata o silenzo. E unha alma tan blanca, tan limpa, tan inocente, tan sincera, tan amorosa… ten miles de xeitos de falar e ata de escribir se chega o caso.

A min dixéronme que os Reis prometéranlle ó Neno Xesús volver á Terra cada ano a ve-los neniños de todo o mundo sen excepción de ningún tipo. Que virían a traguerlles todo o que pedirán, e que eles coa súa maxia, que lles regalaba o Neniño por ser tan bós, nos talleres da estrelas, podían crea-las cousas que quixeran, sen esquecer nunca que debían repartir todo entre todo-los nenos da Terra sen excepción. Tamén lles dixo que o rei Baltasar habíase encargar das minas que hai nunha estrela chamada Carbón, daí o seu nome, porque se algún neno se portaba mal, era egoísta e non compartía cós que vía máis pobres, o seu regalo sería carbón. Daí que vexades que Baltasar é negro e que trae carbón, non só para os nenos, senón para algún maiores que son egoístas. Iso non o inventei eu.

Os Reis chegan á Terra como lles peta. Así que un ano vinnos sair dunha caixa sorpresa, outro baixando dun barco, outro máis en coches descapotables, moitas veces en cabalos, case sempre en carrozas… en fín como lles peta.

Aquel ano viñeran en helicóptero e aparcaran nunha esplanada da vila e sei que deixaran os camellos no parque do pobo. Contáronme despois que algúns nenos foran ata as doce da noite a ve-los camellos ó parque, pero non os atoparan porque xa se deitaran, o que non saben algún nenos é que os camellos tamén durmen.

Despois de montar nas carrozas e chover caramelos, os Reis desfilan polas ciudades e vilas ante a algarabía, alboroto u barullo de tantos pícaros e disfrutan dun xeito sen igual ó ver aqueles olliños de emocións, de termar e temblar, de algún que outro berro de medo, de bágoas e de nervios… mentras os Reis Magos saúdan, chaman ós nenos, agarímannos, ata reciben a cartas dos rezagados, que sempre esperan ó último para escribi-la carta, e reparten bicos e abrazos a esgalla.

Despois botan os discursos enseñando a soñar a nenos e maiores. Ó remate fan as fotos de rigor antes de ir ó reparto dos xoguetes.

A historia que vou a contar e tan certa como que a vivín eu.

Estando os Reis subindo ó Concello para bota-lo discurso, achegouse a Baltasar una nena e, ante a sorpresa do Rei, díxolle que non quería ningún regalo, que só quería a paz para Bosnia, que ela era una nena refuxiada e que só quería aquelo. O Rei contestoulle que aquel regalo non viña nas carrozas, pero que faría o que poidera, así que prometeuse a si mesmo rezar tóda-lasnoites para que se cumplira o desexo da nena. E aquel mesmo ano cumpleuse: a paz chegou a Bosnia. O mellor regalo de aquela nena. Preguntade á nena se é certo.

A seguinte sorpresa da noite foi cando, rematado o discurso, sentado no trono, foi recibindo ós últimos. Nunha destas, despois de feitas trinta o cincuenta fotos, achegouse unha nai con unha neniña moi coitadiña, triste coma ela sola, calada como unha pedra, nerviosa como… criatura, pobriña ela. Baltasar agarimándoa, dándolle bicos e sentándoa no colo, preguntoulle que era o que quería. A nena calaba. Súa nai animábaa, o Rei tamén… pero a nena seguía calada. Baltasar empezouse a inquietar á vez que trataba de confesa-la nena achegándolle a orella, máis a nena seguía calada. Foi tal a insistencia de ámbo-losdous que a nena, de súpeto, díxolle ó Rei: ¡Qué vuelva mi papá!

Un anxo encheu a escea co silenzo e as almas anagáronse en tenrura, e un temblor de carqueixas secou as gorxas. A nai empezou a chorar e afoga-las bágoas para evitarlle o dolor a nena; Baltasar, sen decatarse tampouco, deixou caer unhas báogoas mouras como a noite, que logo dixo eran de suor, e, a quen máis quen menos, estremecéuselle a ialma sen poder falar. O rei, que de xoguetes e outras cousas sabía moito, quedou varado e prometeulle a nena que faría o que poidera, pero que isa maxia correspondíalle ó Neniño do belén.

A nena quedou pensativa, e por máis bicos que lle daban a súa nai e o Rei, non deixaba de pensar naquela terrible petición que lle tocara vivir. Súa nai foina levando como só sabe facer una nai, e marcharon para a casa deixando a Baltasar moi tocado na alma.

Despois de resoplar e resoplar para sobrepoñerse á emoción, tivo que segui-lo protocolo que era recollerse no Concello ata a hora de ir polas casas a leva-los xoguetes.

Cando os paxes viron que tódo-los nenos estaban na cama durmindo, sairon os Reis e ordenaron colle-las escadas e as grúas modernas, que tiñan escondidas en garaxes, e subiron ás casas de xeitos moi diversos. Non, eles non son coma Papá Noel que sempre baixa pola chimenea e busca a árbore para deixar alí os regalos, non, os Reis Magos queren que os nenos preparen na casa un lugar cerca das ventás, galerías ou lugares parellos e alí se lles poña unhamesiña con larpeiradas de turróns, mazás, galletas ou cousas parellas… se as casas son pobres non pasa nada. Se hai algo de licor sen alcohol tamén. Góstalles moito que os nenos non reparen nesascousas e acordasen que tamén hai que invita-los paxes e poñerlles ós camellos unha palangana con auga e un cubo de herba para que coman. É un detalle moi importante porque depois os camellos teñen unha viaxe moi longa.

Aviso a navegantes: Os nenos que esteñan despertos, ou traten de engañar mirando polos dedos ou cousas parecidas, que termen, non vaia ser que os Reis se decaten e non deixen nada.

Cediño, antes de que se levante o máis madrugador, os Reis volven a facer maxia e voan, como os anxos ou as moscas, e montan unha cabalgata fermosísima no ceo que, a verdade, eu non a vín, pero o meu amigo Baltasar, que me chama por teléfono tódo-los anos, contoumo con moito segredo porque ó mellor non quere que llo sepan Melchor e Gaspar.

O certo é que Baltasar tódo-los anos, cando vai a Belén, prégalle a Xesús para que aquela neniña non se quede sen rei. Que ningún neniño se quede sen pais.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES