Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estudios mindonienses

lunes, 04 de enero de 2016
O número trinta e un do anuario Estudios Mindonienses, que, desde 1985, edita o Centro de Estudios da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, acaba de ver a luz. Trátase dun volume de novecentas noventa e dúas páxinas nas que, despois da presentación do director, Ramón Otero Couso, se recollen once traballos de investigación inéditos. Corresponde ó ano 2015.

Estudios Mindonienses deu un paso máis no proceso de estandarización dos criterios de calidade, propios deste tipo de publicacións científicas, coa inclusión de resumos en tres linguas (castelán, galego e inglés).

Este volume ábrese coa presentación que fai o director do anuario, Ramón Otero Couso na que di “sea esta volumen 31 ofrenda y homenaje al que fue pastor solícito en las diversas facetas de la acción pastoral”. Refírese a don Manuel Sánchez Monge que ata o trinta de maio foi bispo da diocese.

Despois, nun documentado e amplo traballo (262 páxinas), o profesor da USC, José Antonio Grela Martínez, escribe sobre “D. Gonzalo Solórzano y su visita pastoral a la diócesis de Mondoñedo”. A musicóloga do Conservatorio de Vigo, Patricia Rejas Suárez ofrécenos “El catálogo del archivo musical del Monasterio de Valdeflores, Viveiro (Lugo)”. O profesor da UNED - A Coruña, Pedro Javier González Rodríguez, publica un traballo sobre “Noticias sobre la autoría, la construcción y el estilo del desaparecido retablo mayor de la Capilla de Dolores de Ferrol”. Sobre a capela do Socorro de Ferrol aparecen dous traballos: un de Pedro Javier González Rodríguez que leva por título “Pequeña historia de la Capilla de Nuestra Señora del Socorro de Ferrol” e outro da autoría de José López Hermida e de Carmen Perales Garat titulado “Algunas puntualizaciones sobre la construcción de la Capilla del Socorro de Ferrol”. O profesor emérito da Universidade da Coruña e membro de RAG, Alvaro Porto Dapena, publica un traballo titulado “Sobre el topónimo ‘Valdoviño’”.


O cronista oficial de Cedeira, Rafael Usero, ofrece ós lectores un traballo sobre “Los Montojo: una estirpe famosa, de origen netamente cedeirés”. O bibliotecario diocesano, Carlos Manuel Alonso Charlón, fai público un interesante e longo traballo (324 páxinas) no que nos ofrece “El catálogo de publicaciones periódicas de la hemeroteca de Estudios Mindonienses (1985-2015)”. Benito Méndez Fernández, profesor no Instituto Teolóxico Compestelán, ofrécenos un excelente traballo sobre “Iglesia y credibilidad. Apuntes pastorales para una visión de futuro a la luz del Exhortación Evangelii Gaudium del Papa Francisco”. Os historiadores Juan José Burgoa Fernández e Carlos de Aracil Rodríguez dannos a coñecer, nun moi interesante escrito, a “Vida y obra en Ferrol de Dionisio Sánchez Aguilera”.

Remata este volume de Estudios Mindonienses cunha relación de libros publicados sobre Galicia no ano 2014, feita por José Luis López Sangil e coa recensión de dous libros a cargo de Carlos de Castro Alvarez.

Como resumo, pódese dicir que se trata dun número moi na liña dos anteriores e que non desmerece dos xa publicados desde 1985. Coido que este número de Estudios Mindonienses vai ter moi boa acollida entre os estudiosos dada a calidade e o interese dos traballos que nel ven a luz.
Villares Mouteira, Félix
Villares Mouteira, Félix


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES