Palabras con significado negativo
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 04 de enero de 2016
Semella que hai por aí institucións que se dedican a buscar a palabra máis significativa de todo o ano que se foi. Neste 2015 que acabamos de deixar xa para o recordo, a campioa, logo da enquisa que se lle realizou a unhas 1.700 persoas, foi a palabra Refuxiado.
A verdade é que tal adxectivo estivo moi de moda. Porque entraron na Unión Europea un millón ou máis de refuxiados fuxindo dos conflitos bélicos. É unha pena que tal podio sexa para unha acción tan negativa. Pero tamén, así a bote pronto, sei dalgunhas palabras que están continuamente na boca de todos e, así mesmo, cun significado negativo. As tres das que vou falar rematan en ón: emigración, subvención e corrupción.
Emigración: quizais a maior e peor desgraza dun país. Cando hai que emigrar
malo! Algo non funciona. A xente non se larga ós países estranxeiros pola aventura. Como se adoita dicir, vaise por necesidade.
Subvención: outra que tal. Moi semellante á anterior. Cando hai que subvencionar algo é porque o paisano non consegue subsistir. Penso nos gandeiros. Recoñezo que, hoxe, sen as subvencións non saen adiante. Chega con dicir que os animais que venden teñen o mesmo valor que tiñan máis ou menos nos anos 60 e 70, que xa é dicir. E os produtos que mercan
non quedaron estancados, non. Cada ano soben algo máis.
Corrupción: que máis dicir. Nada. O mellor é quedar en silencio, seguir comportándonos como pombos e asumir que temos unha xustiza rañicas, de pacotilla.

Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora