Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Toque de atención na Universidade

viernes, 15 de septiembre de 2006
Estábamos tan contentos coa nosa Universidade, e ven o Consello de Contas a poñernos as cousas claras, que simultaneamente resultan negras para o futuro.

A memoria que o Conselleiro Maior, Luciano Fariña, ven de presentar á Presidenta do Parlamento conclúe que un tercio dos universitarios non remata a carreira iniciada, porcentaxe que en algunhas carreiras chega ó corenta por cento.

Simultaneamente, o número de alumnos cada vez é menor, calculándose que dos 75.000 actuais baixarán a 66.000 o ano 2010. En tanto, aumenta o profesorado e polo tanto o gasto , polo que o Consello recomenda captar novos alumnos e suprimir titulacións para adaptar a formación á nosa realidade socio-económica.

Agora que conseguíramos ter un Campus en cada cidade galega, e formabamos ós alumnos universitarios en numerosas especialidades na propia casa, resulta que non todo é de cor de rosa, e compre facer reaxustes.

É problemático que o trinta por cento dos universitarios galegos non rematen os estudios, como é problemático que en determinadas carreiras técnicas só o sesenta por cento dos estudiantes rematan nos anos programados.Problemático é tamén o incremento dos custos por aumento do profesorado, e que o alumnado estea baixando paulatinamente sen previsión de melloría.

Qué é o que falla na Universidade?. Posiblemente haxa inflación en temas como en Enfermería, que se imparte en sete campus, Educación Infantil en seis, ou Filoloxía Hispánica en cinco. Porque a asignación de especialidades fíxose moitas veces en base a presións políticas e non á necesidade.

Posiblemente as salidas laborais dos universitarios non animan ós rapaces galegos a cursar unha carreira que non garante un emprego rendible.

O Consello de Contas propón unha serie de recomendacións para mellorar a situación que seguro non serán doadas de cumprir. Pero o toque de atención está dado, e alguén debe tomar boa nota de que non todo vai ben nos centros superiores de formación do País. Poñamos remedio antes de que sexa tarde.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania