Lembranzas dunha vida (93)
Rodríguez Cabanas, M. Francisca - miércoles, 06 de enero de 2016
Día da Inmaculada Concepción
Sendo xove, en compañía dunha amiga, Alicia de Díaz, fomos as encargadas de xuntar pola parroquia para pagar aos cregos a misa cantada do dia da Inmaculada Concepción. Iamos casa por casa. Recordo, na casa dos Cancelos, estaban cocendo o pan. Mentres nós estabamos alí, sacaron as bolas do forno. Poñíanas enriba de fieitos secos. Estaban a carón do forno. Dábannos bola. Nós, como tiñamos moita vergonza, dixemos que non. Logo, cando saímos, a miña amiga mirou para min e díxome. Quen no la dera, agora!. Eu tamén pensaba igual.
Foi un día guapo: misa cantada, procesión, repicar as campás. Co diñeiro que nos sobrou, comprámoslle unha coroa e uns pendentes á Virxe. Recordo, a coroa 200 pesetas, os pendentes 50. Non saíron moi bos, pois a coroa oxidouse.
Agora, con tantos anos pasados, vou á igrexa e aínda vexo a coroa que lle compramos á Virxe, cando eramos xoves. Na parroquia onde te criaches, tes moitos recordos: cando te levaba a túa mamá, de pequena. Cando a confesión e Comuñón, como había que aunar, ao saír, a nosa nai traíanos chocolate. Xa era festa. Tamén a voda.
Hai outros recordos máis tristes: os enterros de teus pais, irmáns, amigos, ata fillos. Están no adro, arredor da igrexa. Non debemos recordalos con dolor. Axiña nos reuniremos.
Llora, dulcemente, el muerto, pues ha encontrado el descanso.

Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora